O Sergas publica o modelo definitivo de respostas e puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
09 05 2019

​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais das fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador, convocado por Resolución do 1 de marzo de 2018, nas quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral.

Así mesmo, publícase o modelo definitivo de respostas e as puntuacións provisionais do primeiro exercicio da fase de oposición obtidas polos aspirantes presentados neste proceso pola quenda de discapacidade intelectual.
  
Nas quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral superaron a fase de oposición un total 3.319 aspirantes, o que supón un 42% dos presentados.
 
Na quenda de discapacidade intelectual, superaron o primeiro exercicio da fase de oposición un total de 137 aspirantes, o que representa o 89,54% dos presentados.
  
O modelo definitivo de respostas, con indicación das preguntas anuladas e o seu motivo de anulación así como as puntuacións provisionais obtidas polas persoa aspirantes presentadas aos distintos exercicios da fase de oposición atópanse publicadas, á disposición dos interesados, na páxina web do Sergas (www.sergas.es).
 
A resolución abre un prazo de cinco días hábiles contados a partir de mañá, 10 de maio, para que os interesados poidan presentar reclamación ante o respectivo tribunal de selección, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.
 
As reclamacións deberán presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberán dirixirse á sede do tribunal para os efectos de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
 
Habilitouse un enderezo de correo electrónico no que os aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: oposicions@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamacións.
 
Próximas actuacións
Está previsto que o 2º e 3º exercicio da fase de oposición das persoas aspirantes que se presentan pola quenda de discapacidade intelectual se desenvolvan na segunda quincena do próximo mes de xuño. 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss