61 especialistas rematan a súa formación como residentes na Xerencia de Xestión Integrada de Santiago
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
13 05 2019
 

Santiago, 13 de maio de 2019.- A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela despediu hoxe aos 61 especialistas que remataron a súa formación como residentes nos distintos centros da XXIS.

O acto de despedida tivo lugar esta mañá ás 13.00 horas na Aula 1 do Hospital Clínico, ao que asistiron a xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, Eloína Núñez Masid, o Decano da facultade de Medicina da USC, Julián Álvarez, o xefe de estudos e presidente da Comisión de Docencia do CHUS, Rogelio Leira e o xefe de estudos da Unidade Docente de Medicina Familiar e Comunitaria, Sergio Cinza.

En total son 61 os residentes que rematan a súa formación nos centros da área compostelá en 33 especialidades: Hoxe remataron: 1 residente de anatomía patolóxica; 2 de anestesioloxía e reanimación; 1 de anxioloxía e cirurxía vascular; 1 aparato dixestivo; 1 bioquímica clínica; 3 cardioloxía; 1 cirurxía cardiovascular; 2 cirurxía ortopédica e traumatoloxía; 1 cirurxía plástica, estética e reparadora; 1 cirurxía xeral e do aparato dixestivo; 1 dermatoloxía e venereoloxía; 1 endocrinoloxía e nutrición; 1 farmacia hospitalaria; 1 hematoloxía e hemoterapia; 11 medicina familiar e comunitaria; 1 medicina física e rehabilitación; 1 medicina intensiva; 2 medicina interna; 2 medicina preventiva e saúde pública; 1 microbioloxía e parasitoloxía; 1 nefroloxía; 1 pneumoloxía, 2 neuroloxía; 2 obstetricia e xinecoloxía; 3 oftalmoloxía; 1 oncoloxía médica; 2 otorrinolaringoloxía; 6 pediatría; 1 psicoloxía clínica; 2 psiquiatría; 2 radiodiagnóstico; 1 de radiofísica hospitalaria; e 1 uroloxía.

Para eles houbo palabras de agradecemento por parte dos representantes que asistiron ao acto de despedida.

A xerente, Eloína Núñez, que presidiu a xornada, agradeceulles aos novos especialistas o seu traballo nos centros da XXIS e felicitounos por ter rematado esta etapa apaixoante. Asemade considerou “un privilexio” poder desenvolver a formación da especialidade nun extraordinario centro no que conflúen un alto nivel docente e investigador cunha elevada calidade da actividade asistencial. Animounos a seguir “formándose e investigando ao longo de toda a vosa traxectoria”, o mesmo que incidiu na necesidade de “humanizar a nosa profesión, de coidar ao paciente. Non vos esquezades de escoitar ao paciente, coidalo e empatizar con el”, engandiu a doutora Núñez, Rematou a súa intervención desexando sorte e éxito aos asistentes.

A xerencia de Xestión Integrada de Santiago conta con centros de referencia tanto a nivel asistencial como docente e investigador. É unha xerencia que ten unha antiga e estreita relación coa Universidade de Santiago de Compostela e unha gran tradición na formación de
excelentes profesionais. Ten acreditación para todas as especialidades e forma, cada ano, 300 residentes de distintos anos en diferentes servizos . Hoxe remataron a súa formación 61 novos especialistas.

Saúdos.
Gabinete de Comunicación e Imaxe da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago

 

 
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss