O Sergas publica os resultados definitivos do proceso de actualización de listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
20 05 2019
 

​O Diario Oficial de Galicia (DOG)   recolle hoxe, a resolución pola que se publica a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario do Sergas. As categorías recollidas nestas listas son as de enfermeiro; enfermeiro da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061; enfermeiro especialista nas categorías de enfermaría do traballo, saúde mental, obstetricia e xinecoloxía e medicina familiar e comunitaria, médico de familia, médico de urxencias hospitalarias, pediatra de atención primaria e persoal de servizos xerais.

En total xeráronse 19.039 inscricións, sendo enfermería a categoría cun maior número de solicitudes, concretamente 10.936. O 0,12% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso. Tan só resultaron excluídas o 0,42% das solicitudes de participación.
 
As listas definitivas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polos aspirantes no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
 
As listas entrarán en vigor con efectos do día 21 de maio de 2019.
 
Próximas publicacións
Proximamente publicaranse as listas provisionais de facultativo especialista en psicoloxía clínica, farmacéutico de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, médico asistencial do 061, médico coordinador do 061, médico especialista en medicina do traballo, odontólogo de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballador social.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss