ALMUIÑA REÚNESE CON REPRESENTANTES DO GOBERNO E EMPRESARIOS DE HUNAN (CHINA) PARA FOMENTAR A COOPERACIÓN NO SECTOR SANITARIO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
28 05 2019
 

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mantivo esta mañá un encontro cunha delegación procedente da rexión chinesa de Hunan, encabezada por un representante do goberno de Hunan para a Unión Europea.

O obxectivo do encontro é fomentar a cooperación nos sectores sociosanitarios, de saúde pública e de seguridade alimentaria tanto entre os gobernos rexionais e locais como do sector privado de Galicia e Hunan. Este encontro enmárcase nas diferentes actividades do Cluster de Saúde de Galicia e o seu proceso de apoio á internacionalización das pemes galegas. 
 
Así, durante o encontro asinouse un memorandum no que ambas partes manifiestan a súa vontade de cooperar mediante o intercambio de información, de delegacións e expertos, ou mediante o intercambio de experiencias; así como a través da participación en congresos, reunións, conferencias ou simposios. A cooperación será relativa a áreas como a saúde pública, incluíndo a prevención e control de enfermidades e a resistencia antimicrobial, a cobertura universal e reformas nos sistemas de financiación da saúde ou fortalecemento dos sistemas de atención sanitaria a través da formación de recursos humanos, avaliación de tecnoloxías sanitarias, guías de práctica clínica e xestión do coñecemento e innovación.

 

Entre outros temas de interese, o memorándum tamén recolle o servizo e atención a pacientes de idade avanzada, crónicos e  polimedicados; medicamentos e problemas relacionados con drogodependencias e outros trastornos  adictivos; medidas para a eficiencia, seguridade e oportunidade na atención ao paciente ou aspectos relacionados coa tecnoloxía no coidado da saúde, dispositivos médicos e produtos farmacéuticos.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss