SANIDADE AVANZA NA CREACIÓN DUN PROCESO INTEGRADO PARA A ATENCIÓN DOS PACIENTES DE CROHN E ENFERMIDADES INFLAMATORIAS INTESTINAIS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
31 05 2019

Segundo anunciou hoxe en Ourense o Conselleiro de Sanidade, Jesús Almuiña, na inauguración da II Xornada de Procesos Asistenciais Compartidos en Enfermidades Dixestivas, a Consellería de Sanidade está elaborando un proceso asistencial integrado para a atención dos pacientes con enfermidade inflamatoria intestinal (EII), grupo de patoloxías que inclúe a enfermidade de Crohn e a Colite Ulcerosa.

Para elo, subliñou que desde o pasado mes de abril, un grupo formado por dixestólogos, pediatras, médicos de familia, reumatólogos e outros colectivos, traballa na elaboración dun documento que permita establecer un protocolo de consenso, para homoxenizar a atención aos pacientes con Crohn e Colite Ulcerosa, desde os distintos niveis asistenciais. 
 
Almuiña destacou que, previamente á constitución do grupo de traballo, se contou coa participaron dos pacientes, co obxectivo de definir e coñecer a fondo os percorridos asistencial. Súas aportacións foron recollidas e teranse en conta a hora de elaborar o protocolo, co obxectivo esencial de mellorar a continuidade asistencial, na procura dun mellor seguimento e control destas enfermidades crónicas.
 
A Enfermidade Inflamatoria Intestinal (EII) é un termo que agrupa e describe aqueles  trastornos que producen unha inflamación crónica do tubo dixestivo. Inclúe a colites ulcerosa e a enfermidade de Crohn, patoloxías emerxentes nos países desenvolvidos.
 
Mostra da importancia de que traballen xuntos é que a asistencia a pacientes con síntomas dixestivos supón o 10% das consultas, tanto nos centros de saúde como hospitais, e xeran ao redor do 4% das consultas que se derivan desde primaria. Asemade, a resposta terapeútica as enfermidades, ou síntomas dixestivos, acadan o 14% do gasto farmaceútico.
 
Traballo conxunto primaria-dixestivo
O principal obxectivo da II Xornada de Procesos Asistenciais Compartidos en Enfermidades dixestivas, organizado polos especialistas dos servizos de Dixestivo e Atención Primaria da Área Sanitaria de Ourense é afondar na coordinación, entre os especialistas desde dous niveis asistenciais no manexo conxunto dos pacientes con enfermidade dixestiva, cara unha atención integral, máis axil e directa.
 
Neste obxectivo tamén coincide a Consellería de Sanidade, xa que segundo afirmou Xesús Almuiña “Cremos na importancia de potenciar esa coordinación entre atención primaria e hospitalaria, e así o recollemos no Plan Galego de Atención Primaria, cunha liña estratéxica dedicada á coordinación e comunicación interniveis: Relación Atención Primaria-Atención Hospitalaria-061”
 
A Conselleria está comprometida no desenvolvemento de ferramentas que faciliten a continuidade asistencial dos pacientes, entre atención hospitalaria e atención primaria, cara homoxeneizar e protocolizar procedementos de traballo conxuntos como o que está esblecido en Ourense entre Dixestivo e Primaria, recollendo a elaboración dun catálogo de probas diagnósticas accesibles desde atención primaria.
Como destacan seus organizadores, trátase de cambiar a cultura de “derivación ao hospital” por un sistema moderno de posta en valor dos coñecementos e experiencia dos especialistas de primaria, co apoio dos de Dixestivo, evitando así perda de tempo e valor clínico, afondando no que se ven facendo desde Ourense a nivel provincial.
 
é-interconsulta desde os Centros de Saúde
Aínda que, nalgúns casos a sintomatoloxía dixestiva pode estar en relación cunha enfermidade grave, de atención hospitalaria, os motivos máis frecuentes de consulta, son as “enfermidades funcionais”, que se caracterizan por non ter unha xustificación aparente para síntomas como intestino irritable, dispepsia, estreñimiento crónico, refluxo gastroesofágico o distensión abdominal, entre outras. Estes síntomas causan molestias que, si ben non revisten gravidade clínica, teñen tendencia a cronificarse e, na maioría dos casos, poden ser ben controlados desde atención primaria.
 
Sen dúbida, unha mellora fundamental neste eido foi o establecemento da e-interconsulta, que permite, aos profesionais de primaria, consultar cun dixestólogo e solicitar súa opinión ou consello terapeútico para un paciente concreto. Tanto esta solicitude, como a consulta “virtual” do dixestólogo queda recollida na historia clínica do paciente, polo que funciona como unha verdadeira primeira consulta e posibilita desde a solicitude dunha proba específica,  como a indicación dun tratamento.

 

Esta vantaxe compleméntase co aumento da capacidade resolutiva dos profesionais de primaria, que en Ourense poden solicitar directamente, sen necesidade dunha consulta previa en Dixestivo, unha colonoscopia ou gastroscopia, con consulta de resultados no mesmo día, evitando así os tempos intermedios de cita hospitalaria, cita para proba, para resultados, etc. Con elo, redúcense os tempos de acceso á consulta hospitalaria, fixada en Ourense para 13 días a primeira, e dous para e-consulta. Axilizando tamén as das probas, mediante o uso das vías rápidas ou solicitudes preferentes.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss