O SERGAS CONVOCA AS OPOSICIÓNS PARA 354 PRAZAS EN DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL LICENCIADO SANITARIO DE ATENCIÓN PRIMARIA E 772 PRAZAS DE AUXILIARES DE ENFERMERÍA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
03 06 2019

​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición de hoxe, as resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas polas que se convoca os concurso-oposicións para o ingreso nas categorías de médico de familia, pediatra de atención primaria, odontólogo de atención primaria e técnico en coidados auxiliares de enfermería. En concreto, convócanse un total de 254 prazas para a categoría de médico de familia, 93 para pediatra de atención primaria, 7 para odontólogo de atención primaria e 772 para persoal técnico en coidados de enfermería.

As persoas interesadas en formar parte do proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/Expedient-e/Procesos/OPE). Este formulario estará dispoñible a partir de mañá. O prazo de inscrición é dun mes, contado deste o día seguinte ao da publicación desta convocatoria, polo que rematará o vindeiro 3 de xullo.

Como novidades neste proceso, realizarase a verificación de certos requisitos de participación a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia, PasaXe!. Isto implica que as persoas aspirantes que non se opoñan no formulario de solicitude de participación á consulta a través da plataforma de interoperabilidade, non terán a obriga de achegar documentación acreditativa como o DNI ou NIE, o certificado de discapacidade ou o certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial se foron expedidos por organismos da Comunidade Autónoma de Galicia, e a certificación de antigüidade como demandante de emprego e de non percibir, no momento actual, prestación ou subsidio por desemprego en calquera parte do territorio nacional.

Fóra destes supostos e, no caso de opoñerse á consulta, os aspirantes deberán achegar a documentación acreditativa dos requisitos, tal e como se viña facendo habitualmente. A comprobación do requisito realizarase de xeito automático no momento de confirmar a inscrición e poderá confirmarse con posterioridade polo órgano convocante.

Os méritos a ter en conta na fase de concurso están recollidos na resolución da convocatoria que publica o DOG. As persoas interesadas deberán rexistralos debidamente no seu expediente profesional electrónico e acreditalos documentalmente na forma e prazos indicados na convocatoria.

Nesta convocatoria habilitouse a opción de presentación da instancia de participación no proceso electronicamente, mediante a súa sinatura con certificado dixital ou DNI electrónico.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss