ALMUIÑA DESTACA QUE MÁIS DE 16.400 PACIENTES BENEFICIÁRONSE O ANO PASADO DAS VÍAS RÁPIDAS PARA A ATENCIÓN DE PROCESOS ONCOLÓXICOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
05 06 2019

​Un total de 16.409 pacientes beneficiáronse ao longo do pasado ano das vías rápidas para a atención de distintos procesos oncolóxicos. Así o manifestou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, no transcurso da inauguración do XX Congreso da Sociedade Española de Oncoloxía e Radioterapia, que este ano ten por lema Precisión, personalización, humanización. Tres aspectos, que segundo o titular da carteira sanitaria galega, son fundamentais na asistencia sanitaria.

Almuiña indicou que a atención aos pacientes oncolóxicos constitúe unha liña de acción fundamental no Servizo Galego de Saúde, e lembrou que o seu departamento implantou 7 vías para a atención de distintos procesos oncolóxicos (mama, colon, próstata, pulmón, vexiga, cabeza e colo e melanoma). Ademais, subliñou que desde xaneiro de 2018, coa publicación do Decreto de Garantías de tempos máximos, o Sergas establece o compromiso individual cos pacientes afectados de determinadas patoloxías (a maioría oncolóxicas), e garante un tempo máximo para a primeira consulta ou proba diagnóstica de 45 días, e de menos de 60 días para a realización dunha intervención cirúrxica.
 
O titular da carteira sanitaria galega resaltou a importancia dos programas postos en marcha polo Sergas para a prevención e o diagnóstico precoz, destacando os bos resultados e a gran aceptación dos programas de cribado como o de mama ou o de colon. E, neste senso, recalcou a necesidade de seguir concienciando á poboación de que un diagnóstico temperá vai marcar unha gran diferencia, xa que asegura unha alta porcentaxe de éxito. Tamén subliñou a necesidade de implicar a toda a sociedade na adopción de estilos de vida saudables para previr o cancro.
 
Almuiña tamén puxo de manifesto o esforzo da Consellería de Sanidade en manter o nivel tecnolóxico no campo da radioterapia. E, neste eido, agradeceu á contribución do mecenado da Fundación Amancio Ortega que, xunto coa contratación mediante o sistema socio tecnolóxico, permitiu dotar a radioterapia en Galicia da mellor tecnoloxía existente.
 
A contratación mediante o sistema socio tecnolóxico posibilitou á sanidade pública galega contar con 10 novos aceleradores lineais, dous dos cales se destinaron a Lugo, creando nesta área sanitaria unha nova unidade de radioterapia. Esta fórmula tamén permitiu a actualización de dous aceleradores lineais e contar cunha rede de información.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss