O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PUBLICA OS RESULTADOS DA PRIMERIA PROBA DA OPE PARA CELADORES, NA CATEGORÍA DE DISCAPACIDADE INTELECTUALO DIARIO OFICIAL DE GALICIA PUBLICA OS RESULTADOS DA PRIMERIA PROBA DA OPE PARA CELADORES, NA CATEGORÍA DE DISCAPACIDADE INTELECTUAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
07 06 2019

​O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as puntuacións definitivas do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador, na quenda de discapacidade intelectual. Ademais tamén se publica a data e lugar de realización do segundo e terceiro exercicios: será o sábado 22 de xuño, ás 16.30 horas na Aula 1 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago.

O primeiro exercicio tivo lugar o pasado 9 de marzo no Recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra). Presentáronse 153 opositores dos 218 aspirantes q admitidos para optar a unha das 30 prazas de celador para persoas con discapacidade intelectual, o que supón un total do 70,18% dos convocados En total, na categoría de celador ofertábanse nesta convocatoria 390 prazas, 144 corresponden á quenda de acceso libre, 195 á de promoción interna e 21 á de discapacidade xeral, ademais das xa referidas 30 prazas da quenda  de discapacidade intelectual.
 
Cómpre subliñar que este é o primeiro proceso selectivo no que se habilitou unha quenda de acceso diferenciada para as persoas con discapacidade intelectual, coas pertinentes adaptacións de temarios e tempo de realización das probas que permiten a concorrencia destes aspirantes en condicións de igualdade ao emprego público, facilitando así a súa integración laboral.

Tamén se habilitou no exterior do recinto locais como sala de espera de familiares e se lle dará acceso ao interior do recinto, en concreto na zona miradoiro, a representantes das asociacións que colaboraron para o adecuado desenvolvemento das probas, entre elas Fademga, Plena Inclusión e Down Galicia.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss