O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PUBLICA O DECRETO QUE REGULA A COMISIÓN INTERDEPARTAMENTAL DE SAÚDE E EDUCACIÓN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
11 06 2019

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Decreto polo que se regulan a composición e as funcións da Comisión Interdepartamental en Materia de Educación e Saúde. Trátase dun órgano previsto na Lei de Saúde que ten encomendado o desenvolvemento de iniciativas de promoción, protección e educación para a saúde, así como a coordinación das consellerías de Sanidade e de Educación, Universidades e Formación Profesional neste eido.

No relativo á composición da Comisión Interdepartamental, deberá contar cunha presenza paritaria tanto de mulleres e homes e como das consellerías con competencia en materia educativa e sanitaria.

Entre as  funcións da Comisión estará a coordinación dos recursos existentes para acadar unha maior eficiencia na promoción da saúde no ámbito educativo ou a coordinación das intervencións relacionadas coa protección da saúde, en particular, as orientadas á seguridade alimentaria e á protección fronte aos riscos ambientais.
 
A promoción da saúde e a realización de programas para a atención do alumnado con necesidades especiais son aspectos fundamentais na actuación deste órgano, que ten unha consecuencia directa no profesorado, no alumnado e nos pais e nais dos estudantes.
 
O  decreto marca tamén as liñas de actuación da comisión como a  coordinación de recursos para a promoción da saúde nos centros educativos mediante en intervencións relacionadas coa saúde sexual e reprodutiva, a saúde mental, os hábitos de vida saúdables e  a prevención das distintas adiccións.
 
Ademais establece a coordinación e traballo conxunto en programas  relacionados co alumnado con necesidades especiais de saúde, no que se refire as enfermidades crónicas, a saúde mental, os trastornos de conduta alimentaria, os trastornos do espectro autista e outras enfermidades que impliquen dificultades de aprendizaxe.
 
O decreto establece que a Comisión Interdepartamental constituirase no prazo de tres meses dende a entrada en vigor do mesmo.
 
A creación desta comisión é unha das novidades previstas na Lei de Saúde e o inicio da tramitación deste decreto -que regula a súa composición e funcionamento- dá cumprimento ao que se indica nesta Lei 1/2018, de 2 de abril, pola que se modifica a Lei 8/2008 , do 10 de xullo, de Saúde de Galicia. A Lei aborda no seu título XI a creación da Comisión atendendo aos principios de eficacia, eficiencia e participación, e especifica en tres artigos a finalidade, composición e funcións.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss