CADA ANO, O SERVIZO DE OTORRINOLARINGOLOXÍA DO CHUAC DIAGNOSTICA MÁIS DE 60 NOVOS CANCROS RELACIONADOS COA LARINXE E A OROFARINXE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
13 06 2019
Máis de 100 expertos a nivel nacional e internacional xunto con profesionais da nosa comunidade autónoma presentarán na XLVIII Reunión Anual da Sociedade Galega de Otorrinolaringoloxía e Patoloxía Cérvico-Facial (SGORLPCF), que terá lugar mañá venres día 14 no salón de Actos do CHUAC, os aspectos mais novidosos sobre as novas tecnoloxías e opcións oncolóxicas en cirurxía de cabeza e pescozo.
Un dos temas máis destacados que se abordarán ao longo desta xornada é a cirurxía de TOUSS. Esta técnica, pioneira no mundo e que se practica nos quirófanos do Hospital Teresa Herrera, permite extraer a larinxe a través da boca e así tratar tumores de farinxe e larinxe sen necesidade de realizar ningunha incisión. Con esta técnica redúcese o sangrado e conséguese que a recuperación do paciente sexa moito más rápida.
Pero ademais das técnicas cirúrxicas, tamén serán discutidos os máis novidosos tratamentos farmacolóxicos para a abordaxe deste tipo de cancros.
Por outra banda, a formación do especialista en otorrinolaringoloxía tamén será abordada ao longo desta reunión. En concreto, o Dr. Juan Carlos Vázquez Barro, xefe do servizo de Otorrinolaringoloxía do CHUAC e presidente do comité organizador desta xornada, moderará unha mesa redonda na que se discutirá a formación sanitaria especializada así como as opcións que ten un residente para formarse na nosa comunidade autónoma.
Cada ano diagnostícanse no CHUAC máis de 60 novos casos de cancro relacionados coa larinxe e a orofarinxe. A patoloxía de larinxe afecta a principalmente a fumadores e bebedores con idades que superan os 50 anos. En canto á de orofarinxe, a idade redúcese considerablemente, afectando a pacientes moito máis xoves e que teñen relación co tabaco e o alcohol, pero tamén co virus do papiloma humano.
 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss