O SERGAS PUBLICA A RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS E OS RESULTADOS DEFINITIVOS DA ACTUALIZACIÓN DAS LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL DE DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO E FUNCIONARIO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
18 06 2019

​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade á relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e os resultados definitivos de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario: calefactor, condutor, electricista, persoal de fontanería e mecánico. Así mesmo publícanse as listas definitivas de aspirantes admitidos para a formalización de nomeamentos temporais do persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), nas categorías de inspector  médico, subinspector sanitario, ATS/DUE, inspector farmacéutico, farmacéutico inspector de saúde pública, persoal licenciado en medicina e cirurxía, licenciado en farmacia, licenciado en ciencias químicas, licenciado en ciencias biolóxicas e licenciado en psicoloxía.

En total xeráronse 3.273 inscricións, sumando as do anterior proceso e as de nova xeración. O 12,22% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación de solicitudes.
 
As listas definitivas atópanse publicadas, a disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado de Emprego Público. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado pola persoa interesada no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. As listas entrarán en vigor mañá, mércores 19 de xuño.
 
Próximas publicacións
Proximamente publicaranse os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización de listas de selección temporal das seguintes categorías: traballador social, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, persoal facultativo especialista en psicoloxía clínica, farmacéutico de atención primaria, odontólogo de atención primaria, logopeda, médico asistencial e médico coordinador/a do 061, médico especialista en medicina do traballo.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss