A XERENCIA DE XESTIÓN INTEGRADA DE A CORUÑA INVESTIRÁ MAÍS DE 820.000 DE EUROS NA DOTACIÓN E MELLORA DOS CENTROS DE SAÚDE DA AREA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
18 06 2019
A Xerencia de Xestión Integrada de A Coruña investirá máis de 820.000 euros na dotación, renovación e mellora do equipamento nos centros de atención primaria da rede sanitaria pública. Este gasto en investimento realízase grazas ao suplemento de crédito do superávit de 2018 autorizado polo Goberno Galego para reforzar a atención primaria.
Esta dotación, que se materializará ao longo dos vindeiros meses, está a permitir melloras nos Centros de Saúde da Área Sanitaria, tanto no ámbito do equipamento médico e mobiliario, como no de obras e reformas.
Deste xeito, no que se refire a equipamento médico, o SERGAS adquire 3 ecógrafos, 8 desfibriladores e 61 electrocardiógrafos por un valor de 367.000 €. Ademais de investir outros 141.000 euros para mobiliario clínico e pequeno equipamento.
Toda esta inversión, que se levará a cabo ao longo dos vindeiros meses, inclúe 80.000 € en obras e reformas aos que hai que engadir 165.000 € para mobiliario xeral.
Por outra banda, a Xerencia de Xestión Integrada de A Coruña tamén investirá 74.000 € en equipar o novo Punto  de Atención Continuada de A Laracha.
A Lei de reforzo de actuacións prioritarias, aprobada recentemente pola Xunta de Galicia, permite utilizar o 100% do superávit contable de 2018, 125 millóns de euros, para reforzar este ano o gasto social en Sanidade, Educación e Servizos Sociais públicos. Deste xeito, e con cargo ao superávit, o Goberno galego destina á sanidade  este ano 22 millóns de euros máis (16,1 millóns a través da lei de reforzo de actuacións prioritarias) para reforzar, especialmente, o gasto de funcionamento do Sergas en Atención Primaria en actuacións como mellorar a dotación dos centros do primeiro nivel asistencial, a construción, ampliación ou mellora dos mesmos ou o aumento de prazas de persoal, entre outras. A previsión da Xunta é dedicar á sanidade pública, a través desta medida, entre os anos 2019 e 2020 máis de 40 millóns de euros.
Esta inxección económica permite á Consellería de Sanidade dispoñer de recursos financeiros para desenvolver actuacións contempladas no novo Plan Galego de Atención Primaria 2019-2020, recentemente aprobado, e manter o seu compromiso para co primeiro nivel asistencial. Cómpre tamén subliñar que o mantemento adecuado das infraestruturas sanitarias de atención primaria é un dos obxectivos recollidos no plan de necesidades do devandito documento.
 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss