O CHUAC ACOLLE A VI XORNADA SOBRE INSUFICIENCIA CARDIACA AVANZADA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
19 06 2019
A​ insuficiencia cardíaca é un problema de saúde de primeira magnitude cuia carga para o sistema sanitario, e o conxunto da sociedade, aumentou nos últimos anos e espérase que continúe facéndoo, como consecuencia do incremento da súa prevalencia en relación co envellecemento da poboación.
O cambio dunha atención centrada en episodios a outra que garante a continuidade asistencial implica a superación dos niveis asistenciais, para integrarse nunha rede articulada en torno a un proceso asistencial, que garante a súa continuidade.
No noso entorno, 3 de cada 4 pacientes con insuficiencia cardíaca son atendidos polo cardiólogo, e só o 11% polo médico de atención primaria en exclusiva.
O médico de atención primaria debe ser o verdadeiro protagonista do control do paciente crónico; por ilo os profesionais dos distintos niveis asistenciais da nosa área sanitaria coordínanse para levar a cabo esta asistencia, e por isto ponse en marcha o proceso asistencial integrado de insuficiencia cardíaca, no que se recolle e se define de xeito claro o papel, a actuación e a interrelación dos distintos profesionais implicados en todos os niveis asistenciais para optimizar os recursos diagnósticos e terapéuticos.
 
A insuficiencia cardíaca avanzada

Esta enfermidade é a consecuencia de calquera enfermidade que afecte ao corazón e que condicione a incapacidade deste órgano para bombear sangue e abastecer de oxíxeno e nutrientes a todo o corpo. É unha patoloxía crónica, frecuente e grave, ademais da causa más habitual de hospitalización en maiores de 65 anos e máis mortal que moitos cancros.

Nos últimos anos houbo grandes avances no seu tratamento como fármacos (varios), dispositivos electromecánicos, entre eles os marcapasos resincronizadores cardíacos ou os desfibriladores implantables, tratamentos percutáneos de valvulopatías, ablación de arritmias, e para as fases máis avanzadas da enfermidade, cando a pesar do tratamento convencional, persisten síntomas incapacitantes para a vida diaria, a utilización de terapias más complexas como, o transplante cardíaco e a asistencia mecánica circulatoria.
Por este motivo, o venres día 21 a partir das 16:30 horas, e o sábado día 22, o salón de actos do CHUAC acollerá a VI edición da reunión organizada pola Unidade de Insuficiencia Cardíaca Avanzada e Transplante Cardíaco do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (Directores os doutores Crespo Leiro, Cuenca Castillo e Vázquez Rodriguez), onde expertos a nivel internacional e nacional xunto con profesionais da nosa comunidade autónoma discutirán os aspectos máis novidosos no manexo da insuficiencia cardíaca, dende a práctica clínica ata os distintos modelos organizativos.
Entre os aspectos máis relevantes que se van a discutir o venres día 21 están a rehabilitación e o exercicio físico en insuficiencia cardíaca, así como a actualización dos distintos tratamentos para esta patoloxía. A conferencia maxistral versará sobre a “Insuficiencia cardíaca no centro da Cardioloxía”, a cargo de Luis Alonso-Pulpón Rivera.
O sábado día 22, a reunión adicarase ás técnicas de abordaxe cirúrxica e intervencionista en insuficiencia cardíaca, ademais do trasplante cardiaco e da asistencia mecánica circulatoria, termo que fai referencia aos diferentes dispositivos tecnolóxicos utilizados para proporcionar asistencia mecánica, ben a curto (ECMO, Impela, CentriMag), ou a longo prazo (corazón artificial).
O programa científico conta con destacados poñentes a nivel internacional como Johann Altenberger (Salzburgo, Austria), Theresa McDonagh (London, UK), Mandeep R. Mehra (Boston, EEUU), Sebastian V. Rojas (Hannover, Alemania) e Juan Sieira (Bruselas, Belgica); a nivel nacional como Luis Alonso-Pulpón Rivera (Madrid), Manuel Anguita Sánchez (Córdoba), Rodrigo Estévez Loureiro (Madrid), José González Costello (Barcelona) e José Luis Górriz Teruel (Valencia); e de Galicia como Carmen Iglesias, Gonzalo Barge, David Couto, Miguel Solla e Eduardo Barge, entre outros.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss