O CHUAC CELEBRA O XX ANIVERSARIO DO SEU PROGRAMA DE TRANSPLANTE DE PULMÓN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
21 06 2019
 

Hoxe conmemórase o XX aniversario do primeiro transplante de pulmón realizado no CHUAC. O equipo de transplantes realizou tal dia como hoxe, pero vai 20 anos, o primeiro inxerto deste órgano a un coruñés que sufría un enfisema pulmonar. Na actualidade 659 pacientes víronse beneficiados por este programa, o último, o pasado día 6 de xuño.

Chegar ata aquí non sería posible sen a colaboración e a solidariedade das moitas familias que decidiron doar os órganos dos seus seres queridos nun momento tan duro. O  transplante de órganos é o único avance científico e médico que non se pode realizar sen a colaboración e a solidariedade da sociedade. A mellora das técnicas inxertadoras e os avances farmacolóxicos para evitar o rexeite non serven de nada sen a vontade de doar por parte da sociedade.
 

Xornada conmemorativa

Por este motivo, hoxe día 21 de xuño, a partir das 12:00 horas, terá lugar na aula clínica do CHUAC unha xornada conmemorativa celebrando este feito.

Esta xornada dividirase en dúas partes. Un coloquio, que terá lugar pola maña, e no que participarán pacientes transplantados xunto con parte do equipo multidisciplinar que participa neste programa de transplante. E xa avanzada a tarde, unha xornada máis científica, na que participarán, por unha banda, os profesionais dos distintos servizos do CHUAC que levan a cabo este tipo de intervencións; e por outra, os responsables doutros equipos de transplante de pulmón doutros hospitais do noso pais e de Portugal. Entre eles: o Dr. Roberto Mons, do Hospital Marqués de Valdecilla de Santander, a Dra. Carla Damas, do Hospital San Joao de Oporto, e a Dra. Piedad Ussetti, do Hospital Puerta de Hierro de Madrid.

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss