UN TOTAL DE 137 ASPIRANTES ESTÁN CONVOCADOS ESTE SÁBADO PARA A REALIZACIÓN DO SEGUNDO E TERCEIRO EXERCICIOS DA OPE DE CELADOR, POLA QUENDA DA DISCAPACIDADE INTELECTUAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
21 06 2019

​Un total de 137 aspirantes están convocados este sábado, 22 de xuño, ás 16.30 horas na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago, para presentarse ao segundo e terceiro exercicios da fase de oposición para o acceso á categoría de celador pola quenda da discapacidade intelectual. O número de prazas que se ofertan por este sistema de acceso é de 30.

As probas a realizar no día de mañá, de carácter obrigatorio e non eliminatorio, valorarán o coñecemento das persoas aspirantes sobre aspectos básicos da lexislación xeral e específica do ámbito sanitario e lingua galega. Están exentos da realización desta última proba aquelas persoas aspirantes que tiveran acreditado no prazo de presentación de instancias, estar en posesión do Celga 2 ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.
 
Coa realización destes exercicios finalizará a fase de oposición deste proceso, que se iniciou o 9 de marzo pasado, coa realización, no recinto da Feira Internacional de Silleda, da proba de coñecementos específicos, relacionados coas funcións da categoría.
Cómpre subliñar que este é o primeiro proceso selectivo no Servizo Galego de Saúde no que se habilitou unha quenda de acceso diferenciada para as persoas con discapacidade intelectual, coas pertinentes adaptacións de temarios e tempo de realización das probas que permiten a concorrencia destes aspirantes en condicións de igualdade ao emprego público, facilitando así a súa integración laboral. Para a elaboración dos temarios e adaptación das normas e instrucións xerais do proceso de lectura fácil, o Sergas contou coa colaboración de FADEMGA Plena Inclusión e Down Galicia.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss