O SERGAS SACA A LICITACIÓN O SUBMINISTRO DE NOVO MATERIAL DE DIAGNÓSTICO DESTINADO A CENTROS DE SAÚDE POR PRETO DE 1,6 MILLÓNS DE EUROS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
24 06 2019

​O Servizo Galego de Saúde publica hoxe no perfil do contratante a licitación para o subministro de novo material de diagnóstico (holter de presión arterial, espirómetros e retinógrados) destinado a centros de saúde da rede sanitaria pública galega. Esta é unha das medidas a corto prazo contempladas no Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021 aprobado o pasado mes de maio.

En concreto, o Sergas destina un total de 1.569.491 euros a esta licitación, distribuída en tres lotes para este ano.
 
O primeiro dos lotes destínase á contratación de 279 unidades de holter de presión arterial, cun orzamento de 641.421 euros. Este material distribuirase nas consultas de  centros de saúde de atención primaria das sete xerencias sanitarias do Sergas. En concreto, 36 unidades de Holter de presión arterial están destinadas á EOXI da Coruña; 21, á de Ferrol; 30 á de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos; 24 á de Santiago; 60 á de Vigo; 50 á de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, e 58 á EOXI de Pontevedra e O Salnés.
 
O segundo dos lotes, cun orzamento de 424.710 euros, destínase á contratación de 234 unidades de espirómetros (dispositivos para medir a capacidade pulmonar). Do total destas unidades, 26 distribuiranse en centros de saúde da xerencia sanitaria da Coruña; 7,á de Ferrol; 16, á de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos; 37 á de Santiago, 50 para Vigo; 37 para centros de saúde da EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, e 61 á área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
 
O último dos lotes, cun orzamento de 503.360 euros, destínase á contratación de 26 retinógrafos. Deste total, 4 distribuíranse en centros de saúde da xerencia da Coruña; 3 á de Ferrol;  2 a centros de atención primaria da EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos; 5 á de Santiago; 6 á de Vigo; 4 á área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, e 2 á de EOXI de Pontevedra e O Salnés.
 

 

Esta actuación responde á necesidade de dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación no ámbito da atención primaria, mediante a renovación do material de diagnóstico obsoleto das consultas dos centros de saúde do Sergas así como a dotación do equipamento necesario.

 

 

 

Esta licitación súmase á que xa se publicou a finais do mes pasado para a subministración de novo equipamento electromédico tamén destinado a centros de saúde. O Sergas destinou un total de 4.028.695 euros a esa licitación para a contratación de 475 aparatos de electrocardiografía, 261 desfibriladores e 27 ecógrafos.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss