O 061 DE GALICIA ATENDEU A 79 PERSOAS DURANTE A NOITE DE SAN XOÁN POR INTOXICACIÓNS, QUEIMADURAS E ACCIDENTES DE TRÁFICO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
24 06 2019

 Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu na Noite de San Xoán 51 intoxicacións, 6 accidentes de tráfico con 11 persoas implicadas e 7 queimaduras provocadas polas fogueiras. O período contabilizado é desde as 18.00 horas do domingo 23 de xuño ata as 9.00 horas do luns 24 de xuño. O 061 rexistrou a maiores a 28 asistencias por caídas, queimaduras e outro tipo de lesións ou patoloxías producidas no entorno das cacharelas.

 

Os profesionais sanitarios do 061 de Galicia atenderon 51 intoxicacións etílicas, 6 accidentes de tráfico con 11 persoas implicadas e 7 incidentes por queimaduras.

 

A Coruña con 30 intoxicacións etílicas ou por drogas foi a provincia que rexistrou o maior número de atencións, seguida de e Pontevedra con 17, Lugo con 3 e Ourense con só 1.  Para asistir ás 51 intoxicacións, o 061 de Galicia desprazou 3 ambulancias medicalizadas do 061,  2 médicos de atención primaria e 34 ambulancias asistenciais do 061. Das 51 persoas atendidas, 22 non requiriron traslado, 13 foron trasladadas ao centro de saúde e 16 ao hospital.
 
As queimaduras atendidas polo 061 en toda a comunidade galega foron 7. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu na Coruña cinco casos e dous en Pontevedra. As idades das persoas afectadas sitúanse entre 19 e 45 anos, sendo todos eles varóns. Do total dos pacientes, tres asistíronse no lugar sen requirir traslado e catro trasladáronse a un centro sanitario.
 
No caso dos accidentes de tráfico, asistíronse 11 persoas en 6 accidentes de tráfico. Os accidentes repartíronse da seguinte maneira: un na provincia da Coruña, tres na provincia de Lugo e dous en Pontevedra. Para asistir ás 11 persoas implicadas, o 061 mobilizou duas ambulancias medicalizadas, cinco ambulancias asistenciais, e un médico de atención primaria. Todas as persoas atendidas, as 11, foron trasladas a un hospital.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss