A Xerencia sanitaria compostelá aposta pola enfermería especialista
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
25 06 2019
Santiago, 25 de xuño de 2019.- A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago continúa coa súa aposta pola especialización do persoal de enfermería e incorporou onte ao seu cadro de persoal a 3 novas enfermeiras especialistas en Atención Familiar e Comunitaria nos centros de saúde de A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Concepción Arenal. Así, os centros de saúde da área sanitaria compostelá contan nestes intres con 9 enfermeiras con diferentes especialidades.

O novo persoal vense sumar a outras tres enfermeiras especialistas que iniciaron o seu traballo o pasado ano nos centros de saúde de Valga, Santa Comba e Bertamiráns e está planificada a incorporación de máis enfermeiras especialistas en Atención Familiar e Comunitaria nos centros de saúde da área compostelá antes de que acabe o ano.

Este mesmo ano a xerencia compostelá foi a primeira de España en contratar a unha enfermeira especialista en Pediatría para atender aos nenos do servizo de Atención primaria de Boqueixón.
Así mesmo desde xuño do pasado ano os centros de saúde de Fontiñas e Concepción Arenal contan con enfermeiras especialistas en Saúde Mental.
As enfermeiras especialistas en Atención Familiar e Comunitaria realizaron unha formación específica de 2 anos logo da súa gradación, durante este tempo adquiriron coñecementos enfocados na realización de coidados sanitarios avanzados, na planificación de actividades comunitarias a través de programas de educación para a saúde ou a vixilancia epidemiolóxica e medioambiental, entre outras. 
Así, a maioría das numerosas intervencións comunitarias planificadas na nosa área sanitaria para este ano están lideradas por persoal de enfermería. A especialización dota de ferramentas máis específicas para promovelas e levalas a cabo. Estas actuacións desenvólvense maioritariamente en colexios, institutos, residencias de maiores e instalacións municipais ou veciñais, e abordan diversas materias como: “Intervencións de educación para a Saúde sobre a seguridade no uso de medicamentos”; “Prácticas de RCP ou de primeiros auxilios en colexios”; “Educación sexual e responsable para adolescentes”; “Alcohol e tabaquismo en adolescentes”; “Alimentación saudable no ámbito familiar”; “Fomento do exercicio físico e as relacións sociais nas persoas maiores da nosa comunidade”; “Intervención en diabetes”... entre outras.




 

Saúdos

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss