O SERGAS SACA A LICITACIÓN O SUBMINISTRO DE NOVO MATERIAL DE DIAGNÓSTICO DESTINADO AOS CENTROS DE SAÚDE DA EOXI DE A CORUÑA POR MÁIS DE 207.000 EUROS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
26 06 2019
O Servizo Galego de Saúde publica hoxe no perfil do contratante a licitación para o subministro de novo material de diagnóstico (holter de presión arterial, espirómetros e retinógrafos) destinado aos centros de saúde da EOXI de A Coruña. Esta é unha das medidas a corto prazo contempladas no Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021 aprobado o pasado mes de maio.
En concreto, o Sergas destina un total de 207.394 euros a esta licitación, distribuída en tres lotes para este ano.

O primeiro dos lotes destínase á contratación de 36 unidades de holter de presión arterial, cun orzamento de 82.764 euros. Este material distribuirase nas consultas de  centros de saúde de atención primaria.

O segundo dos lotes, cun orzamento de 47.190 euros, destínase á contratación de 26 unidades de espirómetros (dispositivos para medir a capacidade pulmonar).
O último dos lotes, cun orzamento de 77.440 euros, destínase á contratación de 4 retinógrafos.

Ademais destes lotes, a pasada semana a EOXI de A Coruña investiu máis de 820.000 euros na dotación, renovación e mellora do equipamento nos centros de atención primaria da rede sanitaria pública.

Deste xeito, no que se refire a equipamento médico, o SERGAS adquiriu 3 ecógrafos, 8 desfibriladores e 61 electrocardiógrafos por un valor de 367.000 €. Ademais de investir outros 141.000 euros para mobiliario clínico e pequeno equipamento. Toda esta inversión, que se levará a cabo ao longo dos vindeiros meses, inclúe 80.000 € en obras e reformas aos que hai que engadir 165.000 € para mobiliario xeral, así como 74.000 € en equipar o novo Punto  de Atención Continuada de A Laracha.

Esta actuación responde á necesidade de dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación no ámbito da atención primaria, mediante a renovación do material de diagnóstico obsoleto das consultas dos centros de saúde do Sergas así como a dotación do equipamento necesario. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss