O SERGAS PUBLICA A RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS E A RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO DE TRASLTADOS ABERTO E PERMANENTE DESTE ANO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
28 06 2019

​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, unha resolución pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e a resolución provisional do ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos. Neste ciclo adxudicánse un total de 759 destinos.

Este é o segundo ciclo deste proceso de concurso aberto e permanente, posto en marcha a finais do ano 2017, que fai máis accesible o dereito á mobilidade do persoal estatutario fixo e, en consecuencia, a conciliación da vida laboral e familiar dos profesionais, posibilitando o cambio de destino cunha periodicidade mínima anual.
 
As listas coa relación definitiva de persoas admitidas e excluídas por categoría, as puntuacións provisionais desagregadas por epígrafe do baremo e os destinos provisionais, se é o caso, asignados están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
 
Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a concursante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
 
As reclamacións presentadas, entenderanse rexeitadas ou admitidas na resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados.
 
Habilitouse un enderezo de correo electrónico no que os/as aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: Concurso.Traslados@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamacións. 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss