O SERGAS PUBLICA O MODELO DEFINITIVO DE RESPOSTA E AS PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS DA FASE DE OPOSICIÓN DO PROCESO SELECTIVO PARA O INGRESO NA CATEGORÍA DE ENFERMERÍA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
28 06 2019
​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de persoal de enfermería, convocado por Resolución do 1 de marzo de 2018, e no que se ofertan un total de 830 prazas. Superaron a fase de oposición do proceso un total de 3.759 aspirantes, o que representa o 48,98% dos presentados.
 
Con estes resultados, das 415 prazas convocadas pola quenda de promoción interna só se cobren por este sistema de acceso un total de 16, de forma que se acumulan á quenda de acceso libre un total de 399 prazas. Na quenda de discapacidade, das 43 prazas ofertadas cubriríanse 39, acumulándose á quenda de acceso libre 4 prazas. O total de prazas a cubrir pois, polo sistema de acceso libre ascende a 775.
 
O modelo definitivo de respostas, con indicación das preguntas anuladas e o seu motivo de anulación así como as puntuacións provisionais obtidas polas persoas aspirantes presentadas aos distintos exercicios da fase de oposición atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). A resolución abre un prazo de cinco días hábiles para que as persoas interesadas poidan presentar reclamación ante o tribunal, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.
 
As reclamacións deberán presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberá dirixirse á sede do tribunal a efecto de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela.
 
Habilitouse un enderezo de correo electrónico no que os aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: oposicions@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamacións. 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss