A Xerencia Sanitaria Compostelá colabora coa ONCE nunha visita de familiarización de nenos con deficiencia visual ao Hospital Clínico
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
28 06 2019
 

Santiago, 28 de xuño de 2019.- A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago participa no proxecto “O que nunca...” organizado pola ONCE polo que un grupo duns 30 rapaces con discapacidade visual visitaron esta semana o Hospital Clínico e puideron coñecer e familiarizarse con algunhas das situacións e probas máis comúns que se realizan nos centros sanitarios.

 

Os rapaces, de entre 12 e 18 anos e que están a participar nun campamento na ONCE de Pontevedra, acompañados por persoal da xerencia e os seus monitores puideron experimentar e tocar diversa tecnoloxía, como tensiómetros, electrocardiograma ou TAC. Así durante todo o día recibiron explicacións sobre como é o proceso de hospitalización, desde os pasos administrativos, as funcións do persoal e o porqué dalgunhas destas tarefas.
Así mesmo puideron experimentar con calma o que se sente cando te fan un electrocardiograma ou cando te toman a tensión, coñecendo a tecnoloxía e tocándoa eles mesmos. Tamén visitaron a aula hospitalaria de Pediatría (onde desfrutaron dun concerto de percusión) así como a zona de Radioloxía, onde dedicaron o tempo que precisaron para coñecer as súas instalacións e que se sente, adaptándose pouco a pouco, cando te realizan unha proba radiolóxica.
É unha visita que forma parte das actividades do proxecto "O que nunca..." cuxo obxectivo é que poidan familiarizarse con diversos ambientes en principio pouco amables ou hostís, e que a experiencia axude a diminuír a súa ansiedade.
 

 

Saúdos
 

 

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss