ALMUIÑA VISITA AS OBRAS DE REFORMA INTEGRAL DAS PLANTAS DE HOSPITALIZACIÓN DO HOSPITAL PÚBLICO DA MARIÑA, QUE ESTÁ PREVISTO REMATEN EN SETEMBRO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
19 07 2019
​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou hoxe as obras de reforma e ampliación do hospital público da Mariña, que marchan a bo ritmo, estando moi avanzados os traballos de reforma integral da antiga área de hospitalización, cuxa finalización está prevista para o mes de setembro, e na que se acometen actualmente as tarefas de adaptación sanitaria e de instalación de equipamento.
 
As obras de ampliación e reforma deste centro sanitario da rede do Servizo Galego de Saúde están xa executadas por riba do 90%. Na actualidade, xa están rematados o novo edificio de hospitalización e o novo espazo de aparcadoiro, ademais do heliporto.
 
As obras rematarán coa reforma da zona de consultas e diálise, de acordo cunha planificación de traballos que se foi adaptando para acompasar o ritmo de execución co funcionamento do hospital, e que permitiu ir adiantando entregas parciais das instalación ao uso público.
 
Sinalar que esta fase da obra de ampliación do Hospital Público da Mariña permite aumentar 6.000 metros cadrados a súa superficie, un 33% máis.
 
Máis de 12 millóns de investimento
Logo da ampliación da carteira de servizos o obxectivo do Sergas está a ser dotar a este hospital público dunhas instalacións co espazos amplos e cómodos tanto para os pacientes como para os traballadores. O investimento da primeira fase chega aos 10,5 millóns de euros, ademais dos dous millóns de euros de equipamento.
 
Na visita de hoxe, o conselleiro Almuiña estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, e polo xerente de Xestión Integrada, Ramón Ares Rico.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss