O SERGAS PUBLICA AS LISTAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS E A BAREMACIÓN DAS LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL DE DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
23 07 2019

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade a relación provisional de admitidos e excluídos, e os resultados provisionais de baremación, no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario: enxeñeiro técnico; grupo de xestión da función administrativa; grupo técnico da función administrativa; técnico de grao medio en prevención de riscos laborais; técnico superior en prevención de riscos laborais; técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información; técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información.

Xeráronse un total de 3.757 inscricións, sumando as do anterior proceso e as de nova xeración. A categoría con maior número de solicitudes é a do grupo de xestión da función administrativa, con 989 inscricións. Resultan excluídas do proceso o 1,86% das solicitudes de participación. Sinalar, ademais, que o 12,48% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso.
 
A lista provisional de admitidos e excluídos coa asignación da puntuación provisional e o número de orde acadado dos admitidos, atópanse publicadas na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, os aspirantes poden consultar desde hoxe, no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e), a súa posición relativa e o número de orde nas listas xeradas; así como, de ser o caso, as causas de rexeitamento dalgún dos méritos presentados, dotando de total transparencia ao proceso de selección.
 

Na mesma resolución ábrese un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao día da publicación, para que as persoas interesadas poidan formular as alegacións que estimen oportunas con relación á súa inadmisión e aos resultados obtidos na baremación provisional.

A estimación ou desestimación, logo da súa análise e valoración, incluirase na resolución pola que se publiquen as listas definitivas, que determinará a data de entrada en vigor de tales listas.
 
Disporán do mesmo prazo as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude, non consten como admitidas nin excluídas.
 
Próximas publicacións
Proximamente publicaranse as listas definitivas das seguintes categorías: facultativo especialista de área de Medicina do Traballo; facultativo especialista de área de Psicoloxía Clínica; farmacéutico de atención primaria; fisioterapeuta; logopeda; médico asistencial do 061; médico coordinador do 061; odontólogo de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballador social.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss