SANIDADE PUBLICA A LISTAXE DEFINITIVA DE PUNTUACIÓNS OBTIDAS POLOS PARTICIPANTES PARA A ADXUDICACIÓN DE NOVAS OFICINAS DE FARMACIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
23 07 2019
​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición de hoxe unha resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade pola que se fai pública a listaxe definitiva de puntuacións obtidas polas persoas participantes no concurso público para a adxudicación das 41 novas oficinas de farmacia, recollidas no decreto 127/2017 do mapa farmacéutico de Galicia. Resultaron definitivamente admitidas un total de 604 persoas. Todos estes aspirantes deberán presentarse o vindeiro 14 de setembro, ás 9.30 horas, ao acto público de elección de oficina de farmacia, que se celebrará no salón de actos do Edificio Administrativo do Sergas, en San Lázaro. 
 
A diferencia doutros procesos de adxudicación de farmacia, esta é a primeira vez que se convoca a todos os participantes admitidos a concorrer nun acto público único, coas debidas garantías, para a elección de farmacia. Isto permite axilizar o proceso e reducir o tempo de elección ao propio día do acto.  O procedemento polo que se rexeu o último concurso podía prolongarse meses, xa que cada solicitante tiña que pedir as prazas que quería e despois adxudicábanse cunha tramitación moi laboriosa. Agora, neste novo proceso, cada solicitante, por estrito orden de puntuación, elixirá no acto único de adxudicación a oficina que quere.
 
Subliñar que o baremo de méritos para a adxudicación de novas oficinas de farmacia é froito da reforma do Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia. Un dos obxectivos desta reforma é o de garantir uns criterios obxectivos de selección para o perfil dos adxudicatarios finais sexa acorde á experiencia necesaria par ao desempeño profesional na titularidade dunha oficina de farmacia. De aí, que nesta nova baremación, a experiencia profesional pasou a constituír o criterio de maior peso a efectos de valoración, pasando dun máximo de 30 (conforme co baremo anterior) a un máximo de 60 puntos.
 
A lista, coa relación definitiva de puntuacións obtidas por cada un dos concursantes (tanto por orden alfabético dos participantes como por orden de puntuación), pode consultarse dende hoxe mesmo na páxina web do Sergas (www.sergas.es).
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss