A Xerencia de Santiago continúa diminuíndo a demora para a cirurxía
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
19 07 2019

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2019.- A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago (que aúna a coordinación da asistencia entre os 76 centros de atención primaria e os hospitais de Compostela e da Barbanza) continúa reducindo a espera para unha operación a 51,9 días, a menor dende a súa creación como área sanitaria integrada . Con respecto ás cifras de xullo do ano pasado, diminúe 5 días, e uns 10 con respecto aos datos de hai 3 anos.

En total realizáronse preto de 19.300 cirurxías (mil máis que as realizadas o ano pasado na mesma data), e cunha porcentaxe de intervencións ambulatorias superior ao 51%. Esto significa que cada día se realizaron 157 intervencións, unha media de 8 máis ao día con respecto ao primeiro semestre do 2018. O rendemento cirúrxico é superior ao 76% .Do total de operacións o 87% foron programadas.
Cómpre destacar que diminúe un 14% o número de pacientes que esperan por unha cirurxía (uns 1.300 doentes menos que en xuño do ano pasado).
Para os doentes máis graves, os de prioridade 1, a media de espera esta en 13 días no CHUS e 10 no Barbanza moi por debaixo dos 30 que marca como máximo o obxectivo do Sergas.
Con respecto ás consultas hospitalarias, no primeiro semestre leváronse a cabo máis de 426.500 mantendo a espera para unha primeira consulta de enfermidade en parámetros similares aos de xuño do ano pasado, nos 32,9 días (no conxunto de hospitais da rede esperan unha media 37,6). Redúcese o número de doentes en espera por unha consulta un 7%.
A demora media para a atención nas 7 vías rápidas de diagnóstico de cancro implantadas (cancro de pulmón, c. de mama, c. colorrectal, c. de próstata, melanoma, cabeza e colo, vexiga, ) está, por debaixo do 7 días, moi inferior aos 15 días do obxectivo fixado polo SERGAS.

Por outra banda, nos centros de atención primaria da área sanitaria compostelá rexistráronse 2.172.256 consultas, cifras moi similares aos do exercicio anterior. A actividade do PAC rexistrou unhas 3.000 asistencias menos, cun total aproximado de 130.000.

Urxencias
No que atinxe á urxencia hospitalaria da XXIS realizáronse 90.700 atencións.(1.647 menos) Ao redor do 14% das urxencias atendidas nos hospitais da xerencia precisaron hospitalización, manténdose nos datos de anos anteriores.
Probas diagnósticas
A xerencia de Santiago traballa co obxectivo de seguir reducindo, tamén, as demoras nas probas diagnósticas como xa se conseguiu nas endoscopias dixestivas, onde se esperan de media 58 días menos que o ano pasado. Tamén é salientable o esforzo na Resonancia (10 días menos) e nas ecografías (onde a espera baixa 6 días).
Con respecto as probas de medicina nuclear, hai que destacar que non hai demoras para a realización das súas probas .
A mellora dos resultados foi posible grazas á implicación e compromiso pola sanidade pública dos profesionais da xerencia, que procuran unha asistencia de calidade e eficiente a todos os doentes.


Saúdos

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde