SANIDADE PUBLICA AS ÚLTIMAS RECOMENDACIÓNS DO CALENDARIO ACELERADO DE VACINACIÓN, PARA POBOACIÓN PROCEDENTE DOUTROS PAÍSES
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
08 08 2019

A Consellería de Sanidade, por medio da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, vén de publicar, na súa páxina web (www.sergas.es), o calendario acelerado de vacinación. Este documento resume as últimas recomendacións de calendarios acelerados de vacinación, baseándose no recollido no Calendario acelerado de vacinacións elaborado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, e aprobado o pasado mes de xuño.

Estas estratexias de vacinación teñen especial interese no caso de poboación procedente doutros países, onde rexen programas de vacinación diferentes ao noso, e é preciso adaptala o antes posible ao calendario de vacinación da poboación autóctona.
 

O obxectivo deste documento que vén de publicar o departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña é servir de instrumento de apoio a profesionais sanitarios con actividades no campo da vacinación que precisen deseñar pautas de vacinación acelerada.

Os calendarios acelerados consisten en administrar vacinas con intervalos de tempo entre doses sucesivas acurtados, en persoas con historia de vacinación incompleta ou inexistente, ou que recibisen doses de vacinas con pautas incorrectas.
 
O documento recolle as pautas xerais de vacinación por tipo de vacinas e o calendario acelerado en menores de 7 anos, entre 7 e 18 e en maiores de 18, aínda que as recomendacións de vacinacións serán individualizadas en función da idade e as vacinas pendentes de administración.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss