A CONSULTA TELEFÓNICA REPRESENTA XA O 10,7% DO TOTAL DAS CITAS REXISTRADAS NO SERGAS EN ATENCIÓN PRIMARIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
15 08 2019

​A cidadanía galega opta por utilizar cada vez máis a modalidade de consulta telefónica do Servizo Galego de Saúde para ser atendido polo seu médico de cabeceira, evitando ter que desprazarse ao seu centro de saúde. Isto reflíctese en que ano a ano, esta opción rexistra un maior número de solicitudes e representa xa o 10,7% sobre o total de citas rexistradas nos centros de saúde de Galicia.

Ao longo do pasado ano, o departamento sanitario galego rexistrou un total de 2.835.102 consultas telefónicas nos centros de atención primaria. Esta cifra supón un incremento de preto do 11% (276.625 consultas máis) respecto ao mesmo período do ano anterior, no que se rexistraron 2.558.477 consultas nesta modalidade.

O 99,88% das consultas telefónicas foron resoltas polos profesionais sanitarios de atención primaria sen necesidade de que o paciente tivese que acudir ao centro médico para resolver o seu problema e tan só un 0,12% desas consultas requiriu unha atención presencial.

A consulta telefónica de atención primaria, posta en marcha polo Sergas en 2013, está dispoñible nas especialidades de medicina de familia, pediatría, enfermería, matrona, odontoloxía, hixiene bucodental e traballo social. Esta modalidade a escolle o propio paciente de forma voluntaria e directamente no momento no que solicita a consulta, elixindo a opción de ser atendido a través do teléfono, coas mesmas características de tempo e distribución que a opción de ser atendido de forma presencial.

Por especialidades, a de medicina de familia é a que rexistrou o pasado ano un maior número de solicitudes (2.264.904), e representa o 14,75% do total das citas telefónicas en atención primaria. A de enfermería rexistrou 300.108 consultas, seguida de pediatría, con 187.384 consultas e matrona, con 52.106. En todas estas especialidades, a porcentaxe de resolución da consulta telefónica é similar, non chegando ao 1% os casos desas citas que precisaron asistencia presencial.

Nas especialidades de hixiene bucal, farmacia e traballo social, a resolución das citas telefónicas foi ao longo do pasado ano do 100%. 

CONSULTAS TELEFÓNICAS EN ATENCIÓN PRIMARIA (Xaneiro-decembro 2018)
ESPECIALIDADE
CONSULTA TELEFÓNICA
% CITAS TELEFÓNICAS
% CITAS RESOLTAS
Medicina Familia
2.264.904
14,75%
99,88%
Pediatría
187.384
8,99%
99,84%
Enfermería
300.108
3,03%
99,91%
Matrona
52.106
11,97%
99,99%
Odontoloxía
3.238
0,69%
99,96%
Hixiene bucal
266
0,17%
100%
Farmacia
16.943
7,29%
100%
Traballo social
10.153
7,35%
100%
TOTAL
2.835.102
10,7%
99,88%

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss