ALMUIÑA VISITA AS OBRAS DE MELLORA DO SERVIZO DE URXENCIAS DO HOSPITAL TERESA HERRERA DE CORUÑA QUE PERMITIRÁN ATENDER MÁIS DE 45.000 URXENCIAS ANUAIS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
26 08 2019

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez almuiña, visitou esta mañá as obras de ampliación e remodelación dos case 1.300 m2 do servizo de urxencias do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera. Esta actuación de mellora permitirá poder atender mellor ás máis de 45.000 urxencias anuais nun lugar máis axeitado e con máis dispoñibilidade de alta tecnoloxía.

As obras do servizo de urxencias do Hospital Teresa Herrera, que contan cun presuposto de preto de 1,2 millóns de euros , responden a un dobre obxectivo: por unha banda, separar as urxencias de adultos das de nenos, e por outra ampliar toda a capacidade instalada neste hospital público para seguir facendo unha sanidade de calidade.

A remodelación e ampliación do servizo de urxencias, ubicado no andar semisoto do Hospital Teresa Herrera, realizase en dúas fases, xa que a actividade cotiá non será interrompida mentres duren estas obras.
 

A primeira fase xa rematou, executouse a zoa de observación de adultos, ademais das consultas de urxencias e a sala de espera tamén de adultos, así como os novos aseos adaptados e a reforma da zoa de admisión de urxencias, celadores e triaxe. Este espazo ocupábano as consultas de oftalmoloxía antes de ser trasladadas ao Hospital Abente y Lago.

Agora mesmo está en execución a segunda e derradeira fase, que abarca á reforma das urxencias pediátricas, onde se ubicará a sala de observación de pediatría, as salas de exploración e control, así como a zoa de triaxe e as salas de sutura e iesos, as salas de consultas e a sala de espera das propias urxencias.
 
Estas instalacións colmarán sobradamente as ansiadas expectativas dos usuarios e profesionais xa que permitirán a abordaxe da patoloxía urxente de xeito global e multidisciplinar, colaborando con todos os médicos especialistas implicados no proceso e a través do que poderán desenvolver a súa actividade profesional mellorando extraordinariamente a súa organización.
  
A ampliación do servizo de urxencias do Hospital Teresa Herrera é unha infraestrutura fundamental para seguir configurando un servizo sanitario público galego de calidade.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss