O SERGAS CONTRATA AS OBRAS DE REFORMA DA CUBERTA, FACHADAS E CARPINTERÍA METÁLICA DO CENTRO DE SAÚDE DE MUGARDOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
30 08 2019

O Servizo Galego de Saúde publica no seu perfil do contratante a adxudicación da contratación das obras necesarias para a substitución da cuberta, a mellora da envolvente térmica, a actuación sobre a carpintería de aluminio existente, e, ademais, unha mellora da eficiencia enerxética do centro de saúde de Mugardos, na área sanitaria ferrolá. A empresa adxudicataria é Obras Gallaecia, SL. O orzamento de adxudicación destas actuacións é de 256.933,55 euros e o prazo estimado para a obra é de 6 meses.
 

No perfil do Sergas, recóllese a referencia ás obras necesarias para a substitución da cuberta e mellora da envolvente térmica deste centro de saúde no Concello de Mugardos (sito na rúa Apelón s/n). Proxéctase así a mencionada substitución da cuberta, a mellora enerxética das fachadas da edificación, e o recambio da carpintería de aluminio existente. Ademais, para favorecer o aforro enerxético das instalacións, substituiranse tamén as luminarias incandescentes e fluorescente actuais por luminarias led.
 

Pola súa banda, a intervención da envolvente térmica realizarase mediante un revestimento tipo SATE, incorporando illamento térmico sobre as actuais zonas cegas das fachadas existentes, e substituíndo a carpintería exterior, incidindo con todo o conxunto nas condicións térmicas do pechamento. Na cuberta, conxuntamente coa realización dunha nova impermeabilización complementarase o illamento ó realizar tamén unha mellora do illamento térmico deste paramento, teito do andar baixo.
 

Tal e como se reflicten nos aspectos técnicos, colocarase un sistema de illamento exterior con 14 centímetros de espesor nas fachadas norte e sur, e 8 centímetros nas fachadas este e oeste, nos soportais. As cubertas serán planas transitables e dobre illamento de 15 centímetros de espesor no corpo principal, e de zinc prepatinado nos porches. As carpinterías serán de aluminio lacado e dobre vidro con persianas ou estores segundo as fachadas. Os soportais terán un illamento de 10 centímetros de espesor.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss