ALMUIÑA VISITA AS OBRAS DO PUNTO DE ATENCIÓN CONTINUADA DA LARACHA, QUE ESTÁ PREVISTO QUE COMECE A FUNCIONAR EN SETEMBRO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
30 08 2019

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou esta mañá os traballos de ampliación do centro de saúde para a construción do Punto de Atención Continuada da Laracha (A Coruña). A obra, que está a piques de rematarse co obxectivo de que esta instalación comece a funcionar no mes de setembro, supón un investimento por parte do Goberno galego de 1.070.608 euros, e beneficiará a preto de 16.000 habitantes de Laracha e Cerceda, aos que dá cobertura o PAC. Ademais da obra, o PAC contará cun equipamento novo, xa licitado, e dispoñible para a data prevista de apertura ao longo do vindeiro mes de setembro, por un importe de 74.000 euros.

En total, no concello da Laracha aténdese a preto de 10.700  habitantes, dos que, ao redor de 1.200, están en idade pediátrica.
 

O novo Punto de Atención Continuada da Laracha constrúese ao carón do centro de saúde. Esta instalación da rede sanitaria pública galega terá unha superficie de 613 metros cadrados e contará cunha sala de reanimación e observación, dúas consultas de medicina xeral, unha consulta de enfermería, unha consulta polivalente, recepción, dormitorios e sala de descanso para o persoal de garda, entre outras dependencias.

A infraestrutura visitada hoxe polo conselleiro, permitirá liberar os espazos do centro de saúde para, deste xeito, cubrir as necesidades detectadas para a atención ordinaria.
 
Eficiencia medio ambiental
O obxectivo na contrución foi realizar un edificio cun material de orixe natural, cuxo proceso produtivo en relación a outros produtos industrializados ofrece menos residuos, require un baixo consumo enerxético e respecta a natureza e o medio ambiente, é pódese dicir que é 100% renovable.
 
Tívose, pois, en conta, a eficiencia medio ambiental do edificio, procurando achegarse aos parámetros de consumo case nulo que en breve serán de aplicación obrigatoria para os edificios públicos.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss