O SERGAS E A ASOCIACIÓN ANXIÑOS COLABORARÁN NA ATENCIÓN A NENOS E NENAS CON TRANSTORNOS GRAVES DE SAÚDE MENTAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
01 09 2019

O Servizo Galego de Saúde está a traballar no desenvolvemento dun convenio de colaboración coa Asociación Anxiños, coa fin de posibilitar a prestación de asistencia sanitaria en centros de día desta entidade, a nenos e nenas de ata 15 anos de idade, unha vez que reciben a alta.

A tal efecto, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, vén de manter unha xuntanza de traballo con Ruth Gómez, presidenta da Asociación Anxiños, entidade sen ánimo de lucro, que ten como finalidade axudar a que os nenos e adolescentes con transtornos mentais poidan desenvolver todas as súas potencialidades.
 
Na xuntanza, a presidenta da asociación informou aos directivos da Consellería de Sanidade e do Sergas que Anxiños conta co impulso de numerosos profesionais da educación e do ámbito sanitario que, de xeito altruista, están a prestar a súa colaboración.
 
Na reunión tamén estiveron presentes, así mesmo, o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes, e o director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Jorge Aboal.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss