O SERGAS PUBLICA AS PUNTUACIÓNS DEFINITIVAS DA FASE DE OPOSICIÓN DAS CATEGORÍAS DE CELADOR, GRUPO AUXILIAR DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA E ENFERMEIRO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
05 09 2019

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, ás puntuacións definitivas obtidas polos aspirantes presentados en cada un dos exercicios da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso nas categorías de celador, grupo auxiliar da función administrativa e enfermeiro, que se realizaron entre os meses de marzo e maio deste ano.

Logo da realización da fase de oposición, na cal se presentaron un total de 21.452 aspirantes, superaron dito proceso selectivo: 3.319 aspirantes na categoría de celador, 2.376 na categoría grupo auxiliar da función administrativa e 3.758 na categoría de enfermeiro; o que representa o 44,07% dos presentados.
 
Con esta publicación declárase finalizada a fase de oposición para as categorías de enfermeiro e grupo auxiliar da función administrativa.
 
Na categoría de celador a declaración de finalización da fase de oposición se realizará logo da publicación da baremación definitiva da fase de oposición dos aspirantes da quenda de discapacidade intelectual, os cales dispoñían de probas e temarios adaptados.
 

Próximas actuacións

Proximamente publicarase o modelo definitivo de respostas e as puntuacións provisionais do segundo e terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador con acceso pola quenda de discapacidade intelectual.
 
Tamén está previsto que, en breve, se publiquen os listados coa baremación definitiva da fase de concurso e a relación de aspirantes definitivamente seleccionados nas categorías de médico de familia, enxeñeiro técnico, grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa e técnico superior en documentación sanitaria.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss