PROFESIONAIS DA XERENCIA INTEGRADA DE FERROL REALIZARON UN TOTAL DE 9.845 TELECONSULTAS DURANTE O PRIMEIRO SEMESTRE DO PRESENTE ANO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
06 09 2019

​Ferrol (XXIF), venres 6 de setembro de 2019.- Os e as profesionais da Xerencia Integrada de Ferrol do Servizo Galego de Saúde realizaron un total de 9.845 teleconsultas, durante o primeiro semestre do presente ano 2019, que facilitan o diagnóstico do paciente, un 9% máis que no mesmo período do ano anterior, que eran 9.010. No marco da Medicina a distancia ou Telemedicina, a Teleconsulta supón que os especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria nos centros de saúde pódense pór en contacto con profesionais de especialidades concretas no ámbito hospitalario para facilitar unha consulta específica sobre un paciente nesa correspondente especialidade. Esa consulta prodúcese dun xeito estandarizado e protocolizado.


As especialidades de Oftalmoloxía, Dixestivo, Dermatoloxía e Endocrinoloxía son nas que se producen o maior número de teleconsultas, e aglutinan o 75,6% das mesmas. En case a totalidade de especialidades, produciuse un aumento das teleconsultas, nalgunha delas unha considerable porcentaxe de incremento, como en Pediatría, Radiodiagnóstico ou Psiquiatría.
 

Facilitar o diagnóstico do paciente
Esta relación de continuidade asistencial entre o centro de saúde e o Complexo ten sido un dos grandes beneficios para ó paciente nos últimos anos, xa que se establece unha dinámica que criba aqueles casos nos que existe unha dúbida de necesidade de atención hospitalaria, cando antes era preciso desprazarse cunha consulta ó centro hospitalario. Permite acoutar se é é necesario que o paciente acuda ó Complexo, ou ben se lle pode ofrecer unha solución xa no seu ámbito máis achegado.
Os e as profesionais valoran conxuntamente o mellor circuíto e opción para o paciente. Esta posibilidade supón unha racionalización da actividade asistencial posto que ó paciente se lle evita tanto a espera como unha posible nova visita futura ó centro hospitalario. Os profesionais nos centros de saúde poden solucionar xa as dúbidas respecto ó paciente antes da derivación ó especialista hospitalario.

Con esta escolla chegan ó hospital ás persoas que máis a precisan; realízase a derivación de xeito específico, posto que se selecciona a patoloxía que é imprescindible atender, e se remite ó ámbito máis axeitado. Ó facultativo do centro de saúde permítelle diagnosticar de xeito máis precoz, e tendo unha comunicación directa co facultativo do ámbito hospitalario especializado nesa materia

TELECONSULTAS RESPOSTADAS NO PRIMEIRO SEMESTRE 2019
INCREMENTO DO 9% CON RESPECTO Ó ANO ANTERIOR
 
ESPECIALIDADE
 
A Xuño 2018
 
A xuño 2019
 
OFTALMOLOXÍA
 
2.092
 
2.450
 
DIXESTIVO
 
1.698
 
1.799
 
DERMATOLOXÍA
 
1.594
 
1.602
 
ENDOCRINOLOXÍA
 
1.571
 
1.599
 
CARDIOLOXÍA
 
531
 
543
 
PSIQUIATRÍA
 
165
 
343
 
RADIODIAGNÓSTICO
 
151
 
336
 
MEDICINA INTERNA
 
336
 
309
 
NEFROLOXÍA
 
199
 
200
 
REUMATOLOXÍA
 
138
 
133
 
NEUMOLOXÍA
 
150
 
129
 
NEUROLOXÍA
 
89
 
95
 
XINECOLOXÍA
 
144
 
95
 
PEDIATRÍA
 
37
 
89
 
CIRURXÍA XERAL E DIXESTIVA
 
39
 
48
 
ALERGOLOXÍA
 
37
 
41
 
HOSPITALIZACIÓN A DOMICILIO
 
4
 
14
 
ANESTESIOLOXÍA REANIMACIÓN
 
25
 
10
 
OBSTETRICIA
 
10
 
5
 
TRAUMATOLOXÍA
 
-
 
5
 
TOTAIS
 
9.010
 
9.845
 

Algúns exemplos das más habituais
Nun principio, desenvolvíase a teleconsulta no ámbito da Oftalmoloxía, primeira en facelo, dende o 2009; en Nefroloxía, no ano 2010; e en Dermatoloxía, que se unía no ano 2013. A incorporación progresiva nestes anos de novos retinógrafos e dermatoscopios ós centros de saúde potenciou considerablemente este ámbito. Ademais, o beneficio que supuxo tanto para o profesional como para o paciente fixo que se foran incorporando novas especialidades, incrementando considerablemente o número de teleconsultas.
 

Unha clave para o desenvolvemento da Teleoftalmoloxía foi a inclusión de retinógrafos nos centros de saúde para poder facer unha retinografía neste ámbito, que xa servira de cribado previo para mandar unha posible sospeita o máis rapidamente ó especialista en Oftalmoloxía do Complexo. A retinografía é unha fotografía en cor da retina, que está situada na parte posterior do ollo. Entre outras moitas indicacións realiza o cribado no caso da retinopatía diabética, que é a afectación da retina a causa da diabete.
 

Pola súa banda, a Teledermatoloxía implica que os profesionais dos centros de saúde se poden comunicar cos especialistas en Dermatoloxía, traballar coas imaxes da lesión cutánea; e facer calquera consulta no caso de sospeita. A Xerencia Integrada de Ferrol estivo a dotar de dermatoscopios os centros de saúde. A dermatoscopia é unha técnica que consiste en empregar un microscopio de epiluminiscencia (emprego de luz polarizada) ou dermatoscopio para observar as estruturas submacroscópicas da epiderme, da unión dermo-epidérmica e da derme superficial. Este dermatoscopio permite ver estruturas non recoñecibles a simple vista, e emprégase para o diagnóstico diferencial de lesións pigmentadas cutáneas como os nevus melanocíticos (ou lunares comúns), o melanoma, e outros tumores.
 

Como outro exemplo, a Teleconsulta de Endocrinoloxía establece unhas directrices e perfiles básicos de coordinación e seguimento para evitar que o paciente se teña que desprazar á consulta. Esta actividade de teleconsultas é posible grazas o interese e disposición das e dos profesionais en establecer circuítos e protocolos de atención que faciliten o día ó día tanto ó traballador como ó paciente.
 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss