O CHUAC DA A BENVIDA AOS 97 NOVOS ESTUDIANTES DO ÚLTIMO CURSO DE MEDICINA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
10 09 2019
Hoxe martes, día 10 de setembro, 97 alumnos de sexto de medicina incorporáronse á Xerencia de Xestión Integrada de A Coruña para iniciar as súas prácticas de rotatorio nos distintos hospitais que forman o Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña e nos distintos centros de saúde do Sergas ata o vindeiro mes de maio.
A calidade da docencia impartida e a formación e dedicación dos titores, as instalacións hospitalarias ou a avanzada tecnoloxía clínica e diagnóstica do CHUAC son uns dos aspectos máis valorados polos alumnos á hora de elixir este centro hospitalario para completar a súa formación académica.
 
O acto de benvida aos alumnos, aos que se lles entregou toda a documentación necesaria para iniciar o seu período formativo na Xerencia de Xestión Integrada de A Coruña, estivo presidido polo xerente, Luis Verde Remeseiro; pola presidenta da Comisión de Docencia, Rosario López Rico; así como pola responsable da Comisión de Docencia de Atención Primaria, Cristina Iglesias Díaz; e por Juan Carlos Vázquez Barro, coordinador de Docencia Pregrao.

 
O xerente da Xerencia de Xestión Integrada de A Coruña, Luis Verde Remeseiro, deulles a benvida aos novos alumnos e agradeceulles que tivesen escollido o CHUAC para completar esta importante etapa de formación, pois neste centro “recibirán unha formación de alta calidade, cun equipo docente excepcional e cunha atención moi personaliza e integral”.

O rotatorio é a etapa final da carreira de medicina e cirurxía. Trátase dun conxunto de asignaturas totalmente prácticas que se cursan durante o sexto curso da carreira. Nelas, os alumnos incorpóranse ao hospital e centros de saúde que elixen e nos que realizan esta formación tutelados por facultativos do hospital-profesores asociados da universidade, formándose en áreas como clínica médica, clínica cirúrxica, clínica obstétrico-xinecolóxica, clínica pediátrica, clínica psiquiátrica, rotación en medicina de familia e comunitaria, e rotación en urxencias, servizos centrais, etc.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss