O SERGAS PUBLICA O MODELO DEFINITIVO DE RESPOSTAS E AS PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS DO 2º E 3º EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN PARA O INGRESO NA CATEGORÍA DE CELADOR, POLA QUENDA DE DISCAPACIDADE INTELECTUAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
13 09 2019

Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición de hoxe, o modelo definitivo de respostas e as puntuacións provisionais do 2º e 3º exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador, pola quenda de discapacidade intelectual que foi convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018. 

Cómpre subliñar que este é o primeiro proceso selectivo no Sergas no que se habilitou unha quenda de acceso diferenciada para as persoas con discapacidade intelectual, coas pertinentes adaptacións de temarios e tempo de realización das probas que permiten a concorrencia destes aspirantes en condicións de igualdade ao emprego público, facilitando así a súa integración laboral. Para a elaboración dos temarios e adaptación das normas e instrucións xerais do proceso a lectura fácil, o Sergas contou coa colaboración de FADEMGA Plena Inclusión e DOWN Galicia.
 
Un total de 125 aspirantes se presentaron á realización do 2º e terceiro exercicio que valoraron o coñecemento das persoas aspirantes sobre aspectos básicos da lexislación xeral e específica do ámbito sanitario e lingua galega. O número de prazas que se ofertan por este sistema de acceso de discapacidade intelectual é de 30.
 
O modelo definitivo de respostas así como as puntuacións provisionais obtidas polas persoas aspirantes atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
 
A resolución abre un prazo de cinco días hábiles contados a partir do día 16 de setembro para que as persoas interesadas poidan presentar reclamación ante o respectivo tribunal de selección, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.
 
As reclamacións deberán presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberán dirixirse á sede do tribunal para os efectos de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
 
Habilitouse un enderezo de correo electrónico no que os/as aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: oposicions@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración formal de reclamación.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss