ALMUIÑA DESTACA ANTE MÉDICOS GALEGOS DE TODO O MUNDO A CAPACIDADE DE ADAPTACIÓN DO SERGAS AOS NOVOS RETOS SANITARIOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
19 09 2019

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou hoxe ante os participantes no I Encontro Mundial de Médicos Galegos, a capacidade de adaptación do Sergas ante os novos retos sanitarios, tales como o envellecemento da poboación e a cronicidade. Almuiña referiuse á sanidade galega como “innovadora” e onde o paciente está presente en todas as decisións e actuacións.

Almuiña afirmou que o Servizo Galego de Saúde, ao igual que traballa para que o sistema funcione do mellor xeito posible e prestar atención de calidade, tamén aposta pola planificación a futuro e pola colaboración cos pacientes e as asociacións; sen esquecer a mellora de infraestruturas, os programas de prevención e a importancia de ter profesionais comprometidos e coidados.
 
O conselleiro lembrou tamén que hoxe en día os pacientes son máis activos e autónomos, e que a sanidade conta con profesionais da medicina comprometidos e  competentes,  e con mellores infraestruturas e tecnoloxía. Segundo Almuiña, todo isto contribúe a que se poida dar resposta ás necesidades de saúde das persoas do mellor xeito posible.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss