O SERGAS RATIFICA O SEU COMPROMISO COA INSERCIÓN LABORAL AO EMPREGO PÚBLICO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
20 09 2019

​A Consellería de Sanidade e o Sergas ratifican o seu compromiso coas persoas con discapacidade intelectual e a súa inserción ao mercado laboral. Nesta liña, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e a presidenta da Federación Galega de Asociacións de Atención ás persoas con parálise cerebral (Aspace Galicia), Mónica Touriño, asinaron hoxe un convenio de colaboración entre a Administración autonómica, o Sergas e a devandita federación, para a realización de actividades de asesoramento e apoio na inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual no Sistema Público de Galicia.

Enmarcado no compromiso coa inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual, cómpre lembrar que este ano, no recente proceso selectivo para cubrir 390 prazas na categoría de celador, 30 delas para persoas con discapacidade intelectual, o Sergas habilitou una quenda diferenciada para este colectivo, coas pertinentes adaptacións de temarios e tempos de realización de probas que permiten a concorrencia destes aspirantes en condicións de igualdade ao emprego público, facilitando así a súa integración laboral.
 
O obxecto do convenio asinado hoxe é o desenvolvemento de actividades que teñan por finalidade facilitar a adaptación e o desenvolvemento das funcións nos postos de traballo das persoas con discapacidade intelectual que pasen a prestar servizos no Sergas, como persoal estatutario fixo ou persoal temporal.
 
Deste xeito, é segundo recolle o documento, as accións a desenvolver centraranse no apoio na adaptación de medios e tempos nas probas selectivas de acceso a prazas reservadas ao colectivo de persoas con discapacidade intelectual nas ofertas públicas de emprego do Sergas. Outra das actuacións a desenvolver é o apoio no proceso de inserción e adaptación efectiva ao posto de traballo e do entorno laboral, así como o seguimento do desempeño da actividade laboral, incluíndo a formación continua en competencias instrumentais, transversais e laborais para este colectivo, de acordo cos resultados da detección de necesidades formativas.
 
A Consellería de Sanidade comprométese a poñer a disposición as instalacións e os medios axeitados para o desenvolvemento das actividades propias de formación dirixidas a este colectivo. Tamén se compromete a proporcionar formación ás persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns que superen un proceso selectivo ou inicien unha prestación de servizos de carácter temporal, sobre as distintas funcións que deberán desenvolver no desempeño do seu posto de traballo.
 
Aos anteriores compromisos por parte do Sergas, engádese a realización de actividades que faciliten o proceso de acollida no entorno laboral das unidades de destino dos aspirantes, para o que se contará co asesoramento do persoal da Federación Aspace Galicia. E, finalmente, o departamento sanitario tamén se compromete, en base ao convenio asindo hoxe, a desenvolver todas aquelas actividades de formación ou orientación que contribúan á mellora do desempeño e á plena inserción dos traballadores con discapacidade intelectual.
 
Pola súa banda, a Federación Aspace Galicia colaborará coa Administración sanitaria nas actividade formativas e de acompañamento (tanto ás previas ao inicio da prestación de servizos, como as de seguimento), así tamén no asesoramento no proceso de integración laboral dos aspirantes. 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss