MÁIS DE 300 PROFESIONAIS SANITARIOS REUNIRANSE NO CHUAC CON MOTIVO DO III FORO DE AVANCES EN ATENCIÓN PALIATIVA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
25 09 2019
 

O vindeiro venres 27 de setembro, o salón de actos do Hospital A Coruña acollerá o III FORUM MULTIDISCIPLINAR DE AVANCES NA ATENCIÓN PALIATIVA que organiza a sección de Coidados Paliativos do CHUAC.
 
Á demanda dos coidados paliativos por parte da comunidade como unha das necesidades de maior transcendencia social responde la Consellería de Sanidade mediante a implantación do Plan Galego de Coidados Paliativos.
 
Para levar a cabo este plan é necesario unha formación de calidade do persoal sanitario nesta especialidade asistencial tanto de médicos como enfermeiras, traballadores sociais e psicólogos.
 
Este é o motivo que levou á sección de coidados paliativos do CHUAC, que dirixe o Dr. Juan Sanmartín Moreira, a organizar este foro multidisciplinar, que reunirá a mais de 300 profesionais no CHUAC.
 

O obxectivo xeral deste foro é facilitar a xeración dun encontro no que facer unha posta en común e unha actualización dos temas más relevantes na atención paliativa do momento, así como coñecer e poñer ao día os avances neste tipo de coidados a través dun modelo de intervención multidisciplinar que oriente o traballo cara ao paciente e a súa familia.

 
Ademais destes obxectivos, cabe sinalar o de orientar a atención paliativa a coidados integrados e potenciar a acción comunitaria na axuda aos coidadores, así como poñer de relieve os problemas clínicos e as situacións máis no paciente en estado avanzado e terminal con intención de mellorar as habilidades diagnósticas e terapéuticas.
 
O programa está dividido en dúas fases. Na primeira, que terá lugar pola mañá, desenvolveranse tres mesas redondas nas que os poñentes farán as súas presentacións para a continuación facilitar un espazo de coloquio e discusión sobre os temas tratados.
 
Na segunda, e xa en horario de tarde, as sesións centraranse no desenvolvemento de talleres simultáneos eminentemente prácticos.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss