A XXI DA CORUÑA INCORPORA 8 NOVOS PROFESIONAIS AOS CENTROS DE SAÚDE DA ÁREA SANITARIA DENTRO DO DESENVOLVEMENTO DO PLAN GALEGO DE ATENCIÓN PRIMARIA 2019-2021
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
27 09 2019

A Xerencia de Xestión Integrada da Coruña  ampliará, a partir do vindeiro dia 1 de outubro, o seu cadro de persoal con 8 novas incorporacións de diferentes categorías. Esta mellora está enmarcada dentro do Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021.

 
Con estas novas incorporacións, melloraranse os ratios asignados a cada profesional, o que redundará nunha redución da presión asistencial así como na calidade da asistencia que se presta aos usuarios e usuarias, podendo dedicar mais tempo a cada paciente na consulta de atención primaria.
 
O reforzo do cadro de persoal de medicina de familia realízase nos centros de saúde de O Ventorrilo, na cidade de A Coruña, e de O Portádego en Culleredo e Santa Cruz en Oleiros.
 
Os 4 profesionais de enfermaría reforzarán as plantillas nos centros de saúde de O Ventorrillo e Matogrande, en A Coruña, e os de A Covada en Oleiros, ademais do de Culleredo.
 
O reforzo do cadro de persoal de enfermaría no Concello de Culleredo é mais notable xa que nestes últimos tres anos foron 5 os profesionais engadidos. De igual xeito o cadro de persoal de enfermaría  do centro de saúde do Ventorrillo veuse xa incrementado coa incorporación dunha enfermeira especialista de familia o pasado ano.
 
Situación similar amósase no centro de saúde de A Covada que mellorará considerablemente o seu ratio de pacientes por enfermeira.
A Unidade de Fisioterapia do centro de saúde de Vilarrodís, en Arteixo, reforzarase cun novo fisioterapeuta, o que permitirá un mellor reparto na asignación de pacientes, mellorando a calidade asistencial.
 

 

Todos estes centros mellorarán de xeito notable o seu ratio de pacientes por profesional asignado, o que redundará nun aumento da calidade asistencial prestada nestes centros sanitarios, xa de por si elevada.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss