SANIDADE RECOLLE A CERTIFICACIÓN EUROPEA QUE OUTORGA A GALICIA A MÁXIMA CUALIFICACIÓN COMO REXIÓN DE REFERENCIA NA ABORDAXE INTEGRAL DO ENVELLECEMENTO ACTIVO E SAUDABLE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
29 09 2019

​A Consellería de Sanidade vén de recoller esta semana en Dinamarca a certificación da Comisión Europea que acredita a Galicia coa máxima cualificación como rexión de referencia no desenvolvemento e a adopción de prácticas innovadoras para o envellecemento activo e saudable, ao acadar a acreditación de 4 estrelas. A xerente da Axencia de Coñecemento en Saúde, Beatriz Allegue, foi a encargada de recoller esta certificación europea coa que a comunidade galega ascende de nivel.

Este recoñecemento enmárcase dentro da terceira convocatoria da iniciativa European Innovation Partnership on Active and Healthy Ageing -EIP on AHA- (que podería traducirse como Alianza de Innovación Europea para un Envellecemento Activo e Saudable) á que Galicia presentou a súa candidatura. Cómpre subliñar que a nosa comunidade xa acadara na anterior convocatoria do EIP on AHA a acreditación de tres estrelas como rexión de referencia nesta materia.
 
Para outorgarlle a máxima cualificación, a Comisión Europea valorou as estratexias integrais que ten implementadas a comunidade galega e que amosan a excelencia no desenvolvemento de prácticas innovadoras para un envellecemento activo e saudable, baseado nun modelo que inclúe á industria, á sociedade, á universidade é as autoridades gubernamentais. Entre estas estratexias destacan a Historia Clínica Electrónica (HCEPRO) do Sergas e a plataforma É-Saúde, que permite o acceso aos servizos e contidos de saúde personalizados; a plataforma de explotación de información e xestión de datos clínicos e epidemiolóxicos, HEXIN; o sistema avanzado de xestión cirúrxica SAVAQ; e o sistema de xestión intelixente dos servizos de urxencias hospitalarias e puntos de atención continuada, SIGUR.
 
A Comisión Europea tamén valorou outras iniciativas como Código100, centrado no envellecemento, e a participación en diversos proxectos europeos como o desenvolvemento dunha acción piloto para probar o modelo Living Lab de saúde en Galicia.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss