Un equipo liderado polo investigador e cardiólogo do CHUS, Diego López Otero, gaña o premio Ramiro Carregal de Enfermidades valvulares cardíacas
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
01 10 2019

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2019.- O xurado do Premio Internacional de Investigación en Cardioloxía “Enfermidades valvulares cardíacas Ramiro Carregal” acaba de anunciar o fallo desta primeira edición que recaeu no proxecto presentado polo equipo que lidera Diego López, cardiólogo e investigador da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago. O premio, dotado con 20.000 euros, suporá unha importante axuda para o proxecto, denominado “impacto prognóstico da amiolidose cardíaca en pacientes con estenose aórtica severa sometidos a implante percutáneo de válvula aórtica”.

 

O xurado do premio tivo en conta, á hora de valorar os traballos presentados, a calidade científico-técnica e de viabilidade da proposta e a relevancia científico-técnica dos obxectivos prantexados. Tamén se valorou o currículo tanto do investigador principal como do propio grupo e as súas publicacións. En base a todo esto, a maior puntuación foi para o proxecto da amiolidose cardíaca de Diego López.

Este galardón naceu ao amparo do acordo asinado o pasado outono entre o presidente de Frinsa, Ramiro Carregal, e os responsables da fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (Fidis), Eloína Núñez, e o doutor José Ramón González Juanatey, xefe do grupo de Investigación en Cardioloxía do Idis.

Investigar patoloxías que lle afectan ás válvulas cardíacas
O doutor José Ramón González, catedrático de Cardioloxía e o xefe de Servizo de Cardioloxía de Cardioloxía e UCC del CHUS destaca a necesidade de investigar as patoloxías que lle afectan ás válvulas do corazón “que supoñen xa a terceira causa de enfermidade cardíaca”. Segundo indicou na presentación do premio, estas patoloxías están moi ligadas ao envellecemento- especialmente a estenose aórtica- polo que supoñen “un auténtico problema de saúde para a nosa sociedade”.

 

Precisamente o traballo premiado ten como obxectivo principal “coñecer o impacto prognóstico, en tremos de mortalidade e regresión, da cousa funcional que produce a amiolodose cardíaca sobre os pacientes con estenose aórtica severa aos que se lles implanta unha prótese aórtica percutánea (TAVI)”. Segundo indico Diego López na súa proposta, cre que entre un 15 e un 30% dos pacientes tratados con TAVI presentan tamén amiloidose cardíaca, a maioría sen diagnosticar, o que implica numerosos prexuízos tanto para o propio sistema como para o paciente.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss