O SERGAS REALIZA ANUALMENTE MÁIS DE 200.000 CONSULTAS DE OTORRINOLARINGOLOXÍA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
03 10 2019

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña  destacou hoxe a actividade dos servizos de otorrinolaringoloxía (ORL) que levan a cabo os hospitais do Servizo Galego de Saúde, con máis de 200.000 consultas e máis de 9.000  intervencións anuais. Así o manifestou hoxe no transcurso da inauguración do 70 Congreso da Sociedade Española de Otorrinolaringologxia e Cirurxía de cabeza e colo e V Congreso da Academia Iberoamericana de ORL.

Almuiña remarcou hoxe a aposta pola prevención que se está a facer dende o Sergas. Con este motivo naceu, no ano 2002, o Programa Galego para a detección da sordeira no período neonatal. O conselleiro lembrou a importancia e as consecuencias da xordeira durante a infancia, xa que dificulta a adquisición da linguaxe, provocando alteracións no desenvolvemento social, emocional, cognitivo e académico do neno.
 
O programa, que se realiza en todos os hospitais públicos e nas maternidades, ten unha cobertura xa dende 2012 do 100% dos nenos nacidos en Galicia. Así, tras a  realización da proba de cribado, aqueles nenos que non a superan satisfactoriamente, son derivados ás unidades de Diagnóstico de Tratamento dos hospitais da rede pública de Galicia, co fin de confirmar ou descartar a presenza de hipoacusia. Despois do diagnóstico definitivo, e antes dos 6 meses de idade, os nenos deben iniciar o tratamento, ben médico-cirúrxico ou de rehabilitación protésica e foniátrica, segundo cada caso individual, co fin de conseguir o máximo beneficio da detección precoz.
 
O conselleiro afirmou que de nada serviría o diagnóstico precoz se non se pode garantir un tratamento coa calidade necesaria para asegurar que se van mellorar as capacidades de comunicación dos nenos diagnosticados precozmente. Para iso, o pasado mes de xuño o Sergas asinou un novo convenio de colaboración coa Universidade de Santiago para o asesoramento ciéntífico-técnico na adaptación, intervención e seguimento  audiolóxico- protésico de calidade para o Programa Galego de detección da xordeira en período  neonatal.
 
Almuiña afirmou que “todos estes obxectivos están dirixidos a garantir un tratamento coa calidade necesaria para asegurar que se van mellorar as capacidades de comunicación dos nenos diagnosticados precozmente”.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss