ALMUIÑA DESTACA QUE GALICIA ELEVOU NUN 35% A SÚA CAPACIDADE DOCENTE PARA FORMAR PEDIATRAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
04 10 2019
​Galicia logrou o maior incremento de prazas MIR acreditadas dos últimos dez anos na especialidade de pediatría, elevando un 35% a súa capacidade docente nesta especialidade (pasando de 20 a 27), polo que cada ano poderán formarse 7 pediatras máis por curso nos hospitais da rede pública galega. Así o manifestou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, en Ribadeo, onde participou no acto de inauguración do 70 Congreso da Sociedade de Pediatría de Galicia (Sopega) e onde reafirmou a aposta do departamento sanitario galego co modelo de atención pediátrica especializada.
 
O titular de Sanidade tamén lembrou que a comunidade galega é unha das autonomías con maior taxa de cobertura pediátrica, próxima ao 90%, é dicir, que preto de 9 de cada 10 prazas de pediatría en Atención Primaria están cubertas por especialistas. Noutras comunidades como Madrid, Extremadura, Comunidade Valenciana, Murcia, Andalucía e Canarias a cobertura pediátrica roza o 70%; en Baleares é do 50% e en Castela A Mancha, do 58%, sendo os encargados da atención pediátrica os médicos de familia.
 
Almuiña reafirmou a aposta do departamento sanitario galego co modelo de atención pediátrica especializada, pese ás dificultades actuais para atopar pediatras. Un déficit de especialistas que, segundo dixo, é un problema que non só afecta a Galicia, senón ao resto de España e mesmo a Europa. Para paliar a escaseza de pediatras, o titular de Sanidade lembrou que o seu departamento adoptou distintas medidas, tales como as convocatorias anuais de ofertas públicas de emprego, nas que se priorizou as categorías propias de atención primaria como médico de familia, pediatra de atención primaria e especialista en enfermería familiar e comunitaria.
 
Outra das medidas postas en marcha para paliar o déficit destes profesionais é a prórroga na idade de xubilación, que permitiu desde a súa aplicación no 2015, que 116 médicos de familia e 20 pediatras en atención primaria se acolleran a esta prórroga. A isto engádese o concurso de traslados aberto e permanente e as reiteradas solicitudes ao Ministerio de Sanidad de máis prazas MIR, logrando que aumentasen as prazas de formación para esta especialidade (de 20 a 27).
 
Durante a súa intervención, Almuiña destacou a necesidade de seguir avanzando na mellora da atención á infancia, de cara a conseguir unha sociedade máis sa e saudable. E, neste senso, remarcou que a Estratexia Sergas 2020, en relación a atención pediátrica, recolle varias liñas e proxectos nos que o departamento sanitario traballa de xeito progresivo. Para o seu desenvolvemento, o titular de Sanidade considera elemento clave, a colaboración dos profesionais.
 
Entre estes proxectos enmarcase, segundo explicou o titular de Sanidade, a estratexia de abordaxe integral á dor infantil, coa posta en marcha do programa Tolerancia Zero á Dor Infantil e coa que se implantará un procedemento de atención á dor aguda e a un procedemento específico para a dor pos cirúrxica.
 
Outras das liñas e/ou proxectos enmarcados na Extratexia Sergas 2020 é potenciar a atención a problemas de sáude mental infanto-xuvenil, a protección da lactación materia, a mellora da atención a pacientes con obesidade infantil (intensificando a súa prevención e a promoción de hábitos de vida saudables), así como a detección e intervención ante o maltrato infantil (coa implantación dun procedemento corporativo de detección e intervención ante o maltrato infantil). 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss