O SERGAS CONVOCA UN NOVO PROCESO SELECTIVO DE PRAZAS RESERVADAS PARA SER CUBERTAS POR PERSOAS QUE ACREDITEN DISCAPACIDADE INTELECTUAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
08 10 2019

​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, unha Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca oconcurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, en prazas reservadas para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual. En total, convócase 9 prazas.

É o terceiro proceso selectivo convocado polo Servizo Galego de Saúde, no que se habilita unha quenda diferenciada de acceso para as persoas con discapacidade intelectual, coas pertinentes adaptacións de temarios e tempo de realización das probas que permiten a concorrencia destes aspirantes en condicións de igualdade ao emprego público, facilitando así a súa integración laboral. Está previsto avanzar na integración profesional deste colectivo coa convocatoria de novas probas selectivas para o acceso a outras categorías, como a de pinche.
 
Para a adaptación á lectura fácil do contido dos temarios contouse coa colaboración das asociacións do ámbito da discapacidade: FADEMGA Plena Inclusión, DOWM Galicia e ASPACE, coas que a Consellería de Sanidade ten asinado convenios de colaboración.
 
O formulario de inscrición estará dispoñible a partir de mañá, mércoes 9 de outubro, no sistema informático FIDES/Expedient-e/Procesos/OPE. O prazo remata o 8 de novembro próximo.
 
Habilitouse un enderezo de correo electrónico no que os/as aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: oposicions@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamación.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss