O CHUAC ACCEDE Á FINAL EN 12 CATEGORÍAS DOS PREMIOS BEST IN CLASS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
14 10 2019

Un ano máis, o Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, consegue clasificarse para a final dos prestixiosos premios Best in Class. Este ano, as categorías ás que accede como finalista, entre todos os grandes hospitais do territorio nacional son: mellor centro hospitalario de alta complexidade, mellores servizos de farmacia e farmacia hospitalaria en oncoloxía, nefroloxía, microbioloxía, reumatoloxía, dermatoloxía e xinecoloxía e obstetricia, así como ás mellores unidades de tratamento da dor, de atención á psoriase, de hemodinámica e cardioloxía intervencionista, e de coidados paliativos.

Os Premios Best in Class teñen como obxectivo recoñecer públicamente ao mellor centro de atención primaria, ao mellor hospital e a os mellores servizos e unidades do territorio nacional, tanto públicos como privados, que buscan a excelencia na atención que prestan aos seus pacientes. Tanto os gañadores e finalistas forman parte da Guía dos Mellores Hospitais e Servizos Sanitarios que se edita anualmente.
 
A concesión destes premios baséase na puntuación obtida polos candidatos co Índice de Calidade Asistencial ao Paciente (ICAP), que se establece a partir da análise multivariable dos datos recollidos nos cuestionarios de autoavaliación cumprimentados polos hospitais e centros de atención primaria. O número de indicadores situase entre os 100 e os 150, e entre eles destacan a atención ao usuario, a mortalidade, a taxa de infeccións, ... todo elo en función da especialidade.
 
Estes premios serán fallados o vindeiro martes 29 de outubro nunha cerimonia que terá lugar, a partir das 19:00 horas,  no palacio de Congresos en Santiago de Compostela. 
 
Nos últimos 3 anos o hospital xa acadou a posición de finalista como mellor centro de alta complexidade, e o servizo de microbioloxía do CHUAC foi galardoado co premio Best in Class na súa especialidade no 2017. 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss