PROXECTOS DE ATENCIÓN COMUNITARIA DA ÁREA FERROLÁ DESTACAN NAS II XORNADAS DE SAÚDE SOCIOCOMUNITARIA DO SERGAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
17 10 2019

As II Xornadas de Saúde Sociocomunitaria reunía onte na Consellería de Sanidade en Santiago de Compostela diversos proxectos destacados nesta ámbito escollidos en toda Galicia. O valor do aspecto comunitario na Xerencia Integrada de Ferrol reflíctese no feito de que o relatorio inaugural centrábase no Proxecto 100.000 motivos de peso dos profesionais do centro de saúde de Narón, e dous dos doce proxectos que se expuñan eran tamén desta área sanitaria: Necesidades de coidados e apoio ás persoas coidadores de pacientes inmobilizados e Obradoiro de Prevención de accidentes en pediatría. O Obxectivo deste encontro en Santiago era “potenciar a saúde sociocomunitaria no Sergas mediante o intercambio de experiencias das boas prácticas neste ámbito”, desenvolvidas por diversas categorías de persoal de atención primaria.
 

Lembrar que 100.000 motivos de peso pretende implicar a toda a cidadanía do Concello de Narón, e ten como obxectivo que cada persoa participante reduza nun 10% o seu peso nos dous anos de vixencia do programa (un 5% por cento cada ano). Xunto con isto, por cada quilogramo que se consiga baixar, doaranse quilogramos de alimentos ó Centro de Recursos Solidarios de Narón. Conséguese así un dobre obxectivo, a saúde da poboación e a solidariedade con quen ten unha necesidade. Expúñao o especialista en Medicina Familiar e Comunitaria do centro de saúde de de Narón, Carlos Piñeiro Díaz.
 

Esta iniciativa -adherida á Estratexia de Promoción da Saúde do Ministerio de Sanidade- comezábase en xaneiro de 2018 coa inclusión de voluntarios e voluntarias para participar. Os destinatarios son 3.000 persoas obesas, 9.000 con sobrepeso, 1.200 nenos e nenas en colexios; 2.000 pais e nais e 250 maiores de 70 anos. Prodúcese unha participación colectiva da poboación en distintas partes do proxecto. 100.000 motivos de peso englóbase nunha estratexia marco que pivota en varios cuestións: nutrición e prevención da obesidade, o sedentarismo e a actividade física, os estilos de vida, as cardioescolas e a cidade saudable. Así, algúns dos protagonistas son os nenos, coa configuración das Cardioescolas; os adultos, co reto 100.000 motivos de peso; e os maiores, que avogan polo exercicio para evitar a hospitalización ou ter que se medicar.
 

Neste encontro, Carlos Piñeiro destacou que por cada euro investido en actividade física, afórranse cinco euros euros de custe sanitario, e por cada euro en alimentación equilibrada, o aforro é de sete. Este proxecto foi destacado xa en numerosos ámbitos a nivel nacional e internacional, un deles, por exemplo, Premio Europeo da Obesidade 2018 ó Mellor Programa de Participación Pública. Carlos Piñeiro acode mañá a Asturias para amosar este proxecto no encontro nacional de Semergen.
 

Coidando ós coidadores
Por outra banda, “Necesidades do coidador e apoio ós coidadores de pacientes inmobilizados” é o título dos talleres que se desenvolven en distintos centros de saúde da área sanitaria a coidadores con pacientes inmobilizados ó seu cargo, que expuxeron as residentes de Enfermaría Familiar e Comunitaria, Patricia Torres Álvarez e Jessica Seco Franco. Estes pacientes -encamados, en cadeira, ou ámbalas dúas cousas- son detectados polos profesionais de Enfermaría de cada un dos centros, e organízase unha sesión para ofrecerlles axuda e asesoramento en cuestións relativas ós seus coidados. Abordaranse temas como a pel, as úlceras por presión ou as lesións por humidade; consellos de aseo e hixiene, e cambios posturais, entre outras cuestións. Achegáronse tamén ó coidado do propio coidador e das súas necesidades.
 

Estas actividades achegadas á poboación enmárcanse nos obxectivos de calidade e seguridade da Xerencia. Trátase de ofrecer formación e información sobre as medidas que poden axudar a evitar complicacións indesexables cando o paciente non ten mobilidade, e que poidan derivar nun problema de saúde engadido. Xunto con isto, respóndense dúbidas que sobre o día a día, e segundo as súas peculiaridades, teñan estes coidadores. Estes talleres teñen o valor engadido da coordinación co equipo sanitario do centro de saúde que lles dá resposta no seu día a día, e cos familiares ou responsables. Este proxecto arrincaba en 2017, e fanse unha media de 10 sesións en diversos centros de saúde ó ano, coa asistencia de entre seis e doce coidadores por grupo.
 

Prevención de accidentes en pediatría
A especialista en Pediatría do centro de saúde de As Pontes, Iria Noela Germil Ares, describiu unha actividade demandada polas familias e pensada en colaboración entre matrón e pediatra. Foron xa dúas charlas pensadas para a prevención das cuestións que máis preocupan ós pais en relación cos nenos e nenas; e abórdanse os accidentes principais, como previlos e como actuar cando se producen. Estes encontros cos pais e nais están centrados fundamentalmente nos accidentes máis habituais, caídas e feridas, seguidos de intoxicacións, causticacións, aspiración de corpos estraños, queimaduras, mordeduras de animais e manipulación de xoguetes.
 

As familias achéganse ás manobras básicas de Resucitación cardiopulmonar, e a coñecer os factores de risco nos domicilios e as pautas fundamentais nos accidentes. Iria Germil valorou na sesión de onte a gran acollida desta iniciativa pola poboación, xa que o sistema sanitario, na súa vertente comunitaria, responde a unha demanda deles; as familias xestionan mellor as necesidades dos seus fillos; e mellora a relación co persoal sanitario. Estas charlas terán continuidade pola importancia da prevención de accidentes e o coñecemento de técnicas para solucionalos.
 
 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss