ALMUIÑA SUBLIÑA O PAPEL DE GALICIA NA ÁREA DE NEURORREHABILITACIÓN COMO REFERENTE NO NORTE PENINSULAR
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
17 10 2019

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña subliñou esta mañá a importancia da Unidade de Medulares do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e da Unidade de Neurorrehabilitación da área Sur de Galicia no Hospital do Meixoeiro, en Vigo. Así o afirmou na inauguración das XXXVI Xornadas Nacionais da Sociedad Española de Paraplexia e do XXVI Simposio da Asociación Española de Enfermería Especializada en Lesión Medular.

Segundo afirmou Almuiña, a existencia da Unidade de Medulares do Chuac permite, desde hai varios anos, que os pacientes con estas patoloxías non teñan que desprazarse a outros hospitais fóra de Galicia, recibindo tamén a outros pacientes do noroeste peninsular. Ademais, o conselleiro lembrou que nos últimos anos o Sergas enfocou os seus esforzos na patoloxía traumatolóxica e de dano cerebral adquirido, mediante a creación da Unidade de neurorrehabilitación da área Sur de Galicia no Hospital do Meixoeiro. Isto  permitiu que un importante número de lesionados medulares do sur de Galicia non teñan que desprazarse á Coruña.
 
O futuro, para Almuiña, pasa por un esforzo dos sistemas sanitarios para ordenar, coordinar e propoñer solucións innovadoras cos recursos asistenciais dispoñibles, tanto de atención hospitalaria como de atención primaria. A neurorrehabilitación, dixo, debe ser un dos obxectivos terapéuticos máis importantes tras unha lesión medular.
 
Tamén fixo fincapé o titular de Sanidade na importancia da investigación nesta patoloxía, referíndose á liña de investigación de células nai en pacientes con lesións medulares que traballa en novas propostas terapéuticas para o futuro e do que é referencia a Unidade de Medulares do CHUAC, xunto a outros dous hospitais a nivel nacional.

Almuiña lembrou que esta mesma semana asistiu ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, na que Galicia solicitou ao Ministerio de Sanidade que asegure o necesario financiamento ás comunidades autónomas para poder incorporar as novas terapias. Nese senso, o conselleiro reclamou ao Goberno central que incremente o financiamento ás comunidades autónomas para que estas poidan incorporar tanto novos medicamentos e novas terapias como os CAR-T.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss