PRESENTADO O PROCESO ASISTENCIAL INTEGRADO DE INSUFICIENCIA CARDÍACA DA XERENCIA DE XESTIÓN INTEGRADA DE A CORUÑA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
22 10 2019

A Xerencia de Xestión Integrada de A Coruña, en colaboración co Sergas, presentou na xornada de onte un documento sobre o Proceso Asistencial Integrado para a Insuficiencia Cardíaca. Neste documento indícanse o papel dos diferentes profesionais sanitarios implicados en todos os niveles que participan no proceso asistencial, co obxectivo de optimizar os recursos diagnósticos e terapéuticos.

A insuficiencia cardíaca é un síndrome clínico que se pode orixinar como consecuencia de calquera cardiopatía. É unha doenza cada vez más común e que aumenta proporcionalmente ao envellecemento da poboación. Aínda que a atención dependa dun traballo multidisciplinar entre varias especialidades e distintos profesionais, considérase que os protagonistas do control deben ser os médicos de cabeceira.
 
Na actualidade, unicamente un 11% dos afectados son tratados en exclusiva polo médico de atención primaria, mentres que 3 de cada 4 son atendidos polo cardiólogo. Por isto, desenvolveuse este Proceso Asistencial Integrado para que os profesionais dos distintos niveles asistencias e dispositivos da área sanitaria se poidan coordinar para levar a cabo a asistencia dos pacientes con este síndrome de forma óptima.
 
A presentación deste documento tivo lugar onte no salón de actos do CHUAC, onde asistiron representantes dos distintos servizos de atención primaria e especializada que forman parte de este proceso asistencial.
 
A Dra. Marisa Crespo Leiro, responsable da Unidade de Insuficiencia Cardíaca do CHUAC e a Dra. Nieves Domínguez, medico de Atención Primaria do Centro de Saúde do Ventorrillo, foron as encargadas de presentar este proxecto.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss