EXPERTOS EN ANATOMÍA PATOLÓXICA REÚNENSE NO ABENTE Y LAGO PARA TRATAR A PATOLOXÍA NON TUMORAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
24 10 2019

O próximo 25 de outubro os anatopatólogos galegos reúnense na cidade da Coruña no marco dunha nova reunión territorial da Sociedade Española de Anatomía Patolóxica (SEAP), organizada polo propio servizo do CHUAC.

 
A xornada será inaugurada polo Dr. Antón Acevedo, director de procesos de soporte do CHUAC. Tras a súa intervención, expertos de prestixio de diferentes centros españois atenderán  diferentes cuestións da especialidade.
 
O tema protagonista da reunión é a patoloxía non tumoral, unha área que segundo os propios especialistas non recibe a relevancia que merece, xa que o traballo cotián se adoita enfocar ao cancro. Ademais, tamén serán tratados outros temas de actualidade coma son a patoloxía dixital e a secuencia de última xeración (NGS).
 
Durante a reunión, os asistentes terán a posibilidade de expoñer o seu punto de vista durante as comunicacións libres. Por último, presentarase o informe da presidencia territorial de Galicia da SEAP, onde se analiza a situación da Anatomía Patolóxica na comunidade.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss